Skip to Content

Novidades transporte escolar

Debido ao cambio na concesión do transporte escolar por parte da Consellería de Educación estanse a producir desaxustes no servizo.

Tras a reunión mantida esta mañá na Xefatura Territorial tomáronse os seguintes acordos:

As saídas das cabeceiras será ás 7:30 horas, excepto a liña 1 que sairá ás 7:20

O alumnado da parada Teixugueiras 16 serán recollidos polas liñas 1 e 3. O transporte subirá ao alumnado segundo as prazas dispoñibles, pero todos serán transportados.

A parada de Roteas será na parada de Lugove (antiguo ATSA).

Os martes e xoves a liña 7 sairá do instituto ao mediodía un pouco máis tarde  que as demais. Problemas de tráfico debido a estreitez da rúa Carrasqueira.

A empresa comprométese a solucionar todos os atrancos entre mércores e xoves. Se continuase habendo problemas poñédevos en contacto co instituto, así centralizamos todas as queixas, e nos trasladarémolas á compañía buscando a solución.

A partir da próxima semana e para que o alumnado non estea moito tempo no centro sen clase, adiantaremos á hora de entrada e saída. Ao longo de xoves e venres comunicarémolo ao alumnado e ás familias.

Solicitamos a vosa comprensión e reiterámonos en pedir desculpas polos atrancos que nos está a ocasionar a toda a comunidade educativa esta situación.

 



page | by Dr. Radut