Ó longo deste mes estanse celebrando diferentes Xornadas sobre orientación vocacional nas que exalumnado do noso IES viu contarnos as súas experiencias sobre as diferentes opcións formativas que ofrece o sistema educativo e as saídas profesionais relacionadas.
O 29 de abril tivemos as Xornadas sobre ciclos de formación profesional de grao medio. O alumnado de 4° de ESO puido coñecer diferentes experiencias e alternativas que existen para ter en conta de cara o próximo curso.
Este luns 6 de maio tivemos as Xornadas sobre ciclos de formación profesional de grao superior e graos universitarios. Nelas o alumnado de Bacharelato puido ter un achegamento a estas ensinanzas e resolver dúbidas sobre o seu futuro académico e profesional.
Por último, o 13 de maio tivemos as Xornadas sobre ciclos de formación profesional de grao básico onde exalumnado contáronnos as súas experiencias persoais e formativas nestes ciclos.
Agradecemos enormemente a colaboración do noso exalumnado e é un orgullo contar con todas/os elas/es para poder realizar este tipo de actividades tan importantes que axudan na toma de decisións vocacionais.