Skip to Content

Convocatoria do "Fondo de Libros" e "Axudas de Material" para o curso 2024/2025

No DOG do luns 20 de maio publicouse a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25. Hai 2 tipos de axudas:

1.- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO – Todo o alumnado de ESO:

Proporcionaránselle ao alumnado os libros de texto que existan no fondo solidario até que se esgoten, en orde inversa á renda per cápita do alumnado.

Esgotados os libros disponibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto que sexan necesarios para garantir:

- Ao alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €: seis libros de texto.

- De 6.000 € até 10.000 € de renda per cápita: catro libros de texto.

2.- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR – Todo o alumnado de ESO

Sempre que non se superen os 6.000 € de renda per cápita, vale por 75 €. No caso de que a renda per cápita se encontre entre 6.000 e 10.000 euros o vale será de 60 €.

SOLICITUDES:

As solicitudes en papel, entregaranse na secretaría do centro, xunto coa documentación correspondente (fotocopia do libro de familia ou certificado de conviencia). O prazo para presentar a solicitude remata o venres 21 de xuño. O impreso pode obterse na Secretaría do centro ou  pódese descargar e cubrir no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/231121791 ou telemáticamente na web do programa https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ Cubrirase unha soa solicitude por alumno/a e, se hai varios  membros da unidade familiar  no mesmo centro, tamén cubrirán un só impreso.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS 2023/2024:

Os libros do curso actual 2023-24, adquiridos con axudas, devolveranse no centro antes do día da entrega de notas. Tamén se agradece a todo aquel alumnado que os adquiriu con fondos propios, a súa entrega á ANPA do centro para incrementar o Fondo Solidario.

ENTREGA DE LIBROS 2024/2025 na ESO:

Os libros entregaranse ao alumnado beneficiario do fondo a partir do inicio do curso no mes de setembro. A relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro de anuncios do centro o día 12 de xullo de 2024. Poderase formular reclamación contra a mesma durante o prazo dos 2 días seguintes. A relación definitiva publicarase polo medio anteriormente mencionado o 26 de xullo.



page | by Dr. Radut