O pasado día 4 de abril o alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de coñecer os diferentes usos das prantas silvestres a través dun obradoiro que completa a actividade que tiveron en 1º ESO, no que fixeron un roteiro pola zona do Instituto para a identificación de prantras silvestres.
Neste obradoiro, desenvolvido no laboratorio de química, o alumnado identificou en primeiro lugar as diferentes prantas que había en vasos nas distintas mesas dos laboratorios.
A continuación explicáronse os diferentes usos destas prantas; nalgúns casos tiñan usos medicinais e noutros tiñan usos gastronómicos (que se usan tamén na alta cociña).
Por último, fixéronse diferentes receitas con prantas como filloas, crema de huntar ou zumo de prantas silvestres con ortigas.
Con esta actividade trátase de sensibilizar ó alumnado sobre as oportunidades que ofrece o medio e a súa contorna e á necesidade de protexer dito medio.
Estas actuacións enmárcanse dentro do CP Innova EDU sostibilidade, onde o Instituto comprométese a promover a sostibilidade da nosa contorna.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Identificación prantas 1.jpeg | 221.26 KB |
Identificando prantas 2.jpeg | 234.57 KB |
Tipos de prantas.jpeg | 144.46 KB |
Filloas (2).jpeg | 216.79 KB |
Crema prants.jpeg | 140.28 KB |
Zumo verde (2).jpeg | 95.84 KB |
Zumo verde.jpeg | 188.69 KB |
CP Innova.png | 4.58 KB |