Skip to Content

Facendo ciencia dende o IES Coruxo: un proxecto interdisciplinar sobre a economía azul

"Facer ciencia cidadá a través da participación en proxectos interdisciplinares, co obxectivo de levar a cabo un completo proxecto de investigación sobre economía azul."

O alumnado de 1º Bacharelato de Bioloxía e Economía do IES Coruxo participa nun proxecto denominado POSTGROWTH S.A. – Vigo,  que consiste en facer un proxecto de investigación sobre a economía azul na cidade de Vigo.

Trátase dun proxecto interdisciplinar onde, por unha banda, o alumnado de Economía tratará os aspectos relacionados coa economía dunha actividade económica relacionada co mar e, por outra banda, o alumnado de Bioloxía os aspectos máis técnicos desta actividade.

Na primeira sesión desenvolveuse un obradoiro onde ó alumnado, a través de distintas dinámicas, achegou ideas sobre posibles actividades relacionadas co mar a investigar e a súa problemática, guiados en todo momento por Cristina, investigadora da Universidade de Vigo. 

  

  

Os seguintes pasos, guiados por este equipo de investigadores e o profesorado de Economía e Bioloxía, serán concretar a temática a investigar, desenvolver o traballo de campo (enquisas, entrevistas, etc.), analizar os datos mediante táboas e gráficas (entre outras) e deseñar unha presentación final na que o noso alumnado presentará o seu proxecto nunha Conferencia de Ciencia Cidadá en Pontevedra a finais de curso. xunto cos traballos dos outros centros educativos participantes.

O obxectivo é introducir os contidos destas materias empleando metodoloxías activas, onde a adquisición de contidos desenvólvese a través de proxectos.

O proxecto POSTGROWTH S.A. – Vigo ten como fin involucrar a alumnado e profesorado de institutos de Vigo na investigación sobre cómo a cidade pode lograr unha economía azul xusta e sostiible.

 

Celebración do Magosto colaborativo 2024

Unha vez máis celebrouse no IES Coruxo un magosto colaborativo, coa participación da ANPA, as familias, alumnado, profesorado e persoal non docente do centro. Castañas (achegadas polas familias), choripanes e música foron os protagonistas da entrañable festa da que disfrutamos.

Todo isto sería imposible sen a colaboración da ANPA e de César (o encargado da cafetería), que organizaron, traballaron e aportaron o necesario para que dita actividade fose posible....ademáis das achegas das castañas por parte das familias e a música por parte do alumnado.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de imaxes do magosto:

Álbum: Curso 2024-2025 -> Magosto 2024

Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais

A Xunta de Galicia elaborou unha Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais para alumnado de centros educativos:

 

CONCERTO DE REAL FILARMONÍA DE GALICIA - Teatro Afundación Vigo

O 8 de Novembro, un grupo de alumnos de 4ºESO, 1º e 2º Bacharelato, e as dúas profesoras de Música,asistimos ó concerto da Real Filarmonía de Galicia, dirixida por Baldur Brönnimann, dentro do programa “Quedamos no palco, quedamos coa clásica”.

Baixo o título de “Romántica”, as dúas pezas musicais exploran a sonoridade romántica, do século XIX, emrpegando diferentes formas, linguaxes e instrumentos.

Ceci n’est pas une valse”, da compositora Raquel García-Tomás, foi unha estrea absoluta. Fai un emprego dunha linguaxe poliédrica, dotada de moitos códigos sonoros que comparte có público. Esta obra parafrasea musicalmente o cadro homónimo do pintor René Magritte, e dialoga co texto homónimo do filósofo Michel Foucalt. O resultado é unha obra divertida, que busca a conexión cos detalles do vals sinfónico do século XIX, para sacalos de contexto e convertilos nunha masa sonora distinta.

A segunda peza foi a Sinfonía nº 4 de Anton Brucker (1824-1896), tamén coñecida como “Romántica” ou “Sinfonía do bosque”, xa que o autor pretendía evocar diversas esceas da natureza e da época medieval. Composta en 1874, pero suxeita a posteriores revisión, escoitamos a de 1878-1880.

Bruckner sentiu admiración hacia Richard Wagner, e nótase a súa influencia na gran extensión das súas sinfonías, na súa linguaxe armónica, e no emprego das tubas wagnerianas nos Finale das sinfonías. Divida nos catro movementos convencionais, hai que reseñar que tanto o primeiro como o último movemento (Finale), a pesar de estar escritos en tempo Allegro, parecen moverse lentamente polo seu ritmo armónico. O segundo movemento lento é solemne e relixioso, como unha marcha fúnebre. No terceiro movemento, Scherzo, obsérvase a enerxía dos Scherzos das sinfonías de Beethoven, pero as melodías lembran as cancións populares austríacas. Bruckner representa por primeira vez o terror do bosque no último movemento.

En conclusión, esta sinfonía é un épico amencer na historia. É un lento coloso, como unha galaxia, que percorre as aventuras heroicas nun tempo suspendido.

 
 
 
 
 

Candidaturas para o Consello Escolar

No día de hoxe, 11 de novembro, celebrouse a segunda reunión da Xunta Electoral deste centro para proclamar as candidaturas de cada un dos diferentes sectores educativos ao Consello Escolar.

As persoas que se presentan en cada un dos sectores son as seguintes:

PROFESORADO:

  •  Baltar Valencia, Begoña
  •  Díaz García, María
  •  González Losada, Alicia
  •  Pascual Hermida, Gustavo

ALUMNADO:

  •  Alonso Rodríguez, Iria
  • Caramés Lestón, Uxía

NAIS/PAIS/RESPONSABLES LEGAIS:

  • Estévez Vilar, Nieves
  • Pazó Rubio, Almudena
  • Rodríguez Rodríguez, Rebeca
  • Vázquez Gil, Ana Isabel

Contra o presente acordo de proclamación de candidaturas poderase reclamar perante esta Xunta Electoral no prazo de dous días, segundo o establecido no art. 31.4 do Decreto 92/1988.

Opcións para a viaxe de fin de curso 4º ESO

Os orzamentos das opcións solicitados son os seguintes:
 
Ao ser a viaxe en autobus hai liberdade nas datas a elixir. Agora mesmo teñen disponibilidade salvo a segunda semana do mes de xuño. En Marzo/Abril non é recomendable polo clima.
 
O orzamento está preparado en base as mellores datas para reducir o prezo do avión para un grupo tan numeroso. O Hostel está fenomenal e está situado no centro de Florencia. É unha moi boa oportunidade, xa que así se aforran costes de autocar nos desprazamentos. ***** En caso de interesar habería que facer a reserva de xeito urxentísimo**** Os avións se van enchendo e as prazas dese Hostel están moi demandadas.
 
Despois da conversa da tarde de hoxe, descartamos a opción de autobús para evitar os 3000 km que conleva a viaxe SEVILLA-CORDOBA-GRANADA do folleto, e está en preparación unha opción con avión a Sevilla e excursión a Córdoba. Tan pronto a recibimos actualizaremos esta entrada na páxina web.
 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

Ao longo do mes de novembro, os centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos van desenvolver o proceso de ELECCIÓN DE MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES.

O proceso estará organizado pola Xunta Electoral que se constituiu o pasado 28 de outubroAs eleccións celebraranse o 11 de novembro.

O Consello Escolar permite a participación dos diferentes estamentos nas decisións que afectan aos aspectos máis relevantes do centro. Por iso é moi importante a implicación de todos. A partir deste momento, nos taboleiros de anuncios do instituto e nesta páxina web poderedes atopar información relativa a todo o proceso.

 

Quen forma parte do Consello Escolar?

MEMBROS NATOS: Director/a, Xefe/a de Estudos e Secretario/a (este último con voz pero sen voto)

MEMBROS ELIXIBLES: 7 representantes do profesorado, 4 do alumnado, 3 dos pais/nais, un representante do persoal non docente e un representante do Concello.

Nesta renovación parcial de 2024 corresponde elixir os seguintes membros do Consello Escolar: 4 representantes do profesorado, 2 do alumnado, 1 da ANPA, 1 do persoal de administración e servizos e 2 representantes dos pais/nais (estes últimos por un período de dous anos).

A continuación poden consultarse os membros cesantes no Consello Escolar en cada un dos seus sectores, que corresponden coas prazas que deberán ser renovadas por elección. Tamén poden descargarse a continuación as solicitudes de candidatura en cada un dos sectores e outra información relevante:

Composición do Consello Escolar e postos vacantes.

Calendario de renovación.

Formulario de candidatura alumnado.

Formulario de candidatura persoal de administración e servizos.

Formulario de candidatura profesorado.

- Formulario de candidatura nais/pais.

"Orientándose" en Pontevedra: Edugal 2024

Conscientes da importancia de orientar ao noso alumnado de 2º Bacharelato, o pasado 10 de outubro visitaron en Pontevedra o salón da oferta de educación e formación de Galicia, "Edugal" (https://www.edugal.es/), .

Ademáis de coñecer de primeira man e con todo tipo de detalles tódolos graos universitarios ofertados polas universidades próximas tamén puideron informarse, a través de actividades lúdicas, sobre a oferta de ciclos formativos de grado superior de centros educativos da zona, ademáis de outra formación de estudos superiores.

      

Logo de estar un pouco máis "orientados", o alumnado desfrutou dunha visita guiada ó Museo Provincial de Pontevedra, sumerxíndose na súa rica colección de arte galaica e acompañados en todo momento polas magníicas explicacións do seu profesor de Historia, Gustavo Pascual.

   

Xa para rematar visitaron o casco vello de Pontevedra, o segundo casco vello máis grande de Galicia.

Última venda de libros por parte da ANPA - Outubro 2024

O próximo mércores 9 de outubro terá lugar a venda  por parte da ANPA dos últimos libros que quedan dispoñibles no horario de 16:30 a 19 horas. Tamén se entregará o diñeiro das vendas realizadas ata ese día.

 

OS LIBROS QUE QUEDAN PARA A SÚA VENDA SON:

1º ESO:

  • Francés (1)
  • Lingua Castelá (2)
  • Xeografía e Historia (2)

2º ESO:

  • Música (2)

3º ESO:

  • Bioloxía e Xeoloxía (1)
  • Inglés (1)
  • Lingua Castelá (1)
  • Lingua Galega (1)
  • Matemáticas (1)
  • Música (1)
  • Xeografía e Historia (1)

4º ESO:

  • Latín (2)
  • Lingua Castelá (1)

1º BACH:

  • Matemáticas I (1)

Non perdan esta última oportunidade e se queren contactar previamente coa ANPA para consultar calquera cousa non dubiden en facelo. O número de teléfono da ANPA é o 628319577 e o correo electrónico: anpaiescoruxo@gmail.com

Reunión inicial coas familias - Curso 2024/25

O vindeiro mércores, 9 de outubro, terán lugar as reunións iniciais coas familias segundo o seguinte horario:

16:30 horas - 1ºESO

17:00 horas - 2ºESO

17:30 horas - 3ºESO

18:00 horas - 4ºESO

18:30 horas - Bacharelato

Nun primeiro momento, as familias serán recibidas no salón de actos para presentarlles ao equipo directivo, ao departamento de orientación e mais á ANPA. A seguir subirán cos titores e titoras á aula de cada grupo.

Pregamos a presenza de todos e todas.

Horario dos autobuses

A partir do día 12 de setembro o servizo de autobús escolar funcionará segundo os seguintes horarios de saída das respectivas cabeceiras de liña

LIÑA 1 (Travesía de Vigo, 97 - Rúa do Limpiño, 25)

  • Mañás: 7:20
  • Tardes do luns: 16:00

LIÑA 2 (García Barbón, 139 - As Teixugueiras, 29/38)

  • Mañás: 7:30
  • Tardes do luns: 15:55

LIÑA 3 (As Camelias, 40 - Avda. de Castelao, 28 - San Paio 197 Igrexa)

  • Mañás: 7:40
  • Tardes do luns: 16:00

LIÑA 4 (Estomada, Oia, Colexio - Rotonda de Saiáns, Estación de Canido)

  • Mañás: 7:40
  • Tardes do luns: 16:00

LIÑA 5 (Matamá - Alvite - Santo André, A Xurela)

  • Mañás: 7:35
  • Tardes do luns: 16:00

LIÑA 6 (Chandebrito - Fragoselo)

  • Mañás: 7:40
  • Tardes do luns: 16:04

LIÑA 7 (Cafetaría Atenea - CEIP Ría de Vigo - Oia -Curceiro -Bar Chicos)

  • Mañás: 7:40
  • Tardes do luns: 16:00

LIÑA 8 (As Teixugueiras, 29/38 - O Limpiño)

  • Mañás: 7:50
  • Tardes do luns: 16:15

Todas as liñas sairán do instituto cara ás cabeceiras ás 14.25 polas mañás e ás 18.20 nas tardes dos luns.

 

Programa de becas Fundación Amancio Ortega

Desde o 2 de Setembro ata as 13 horas do 24 de Setembro está aberto o prazo para solicitar as becas da Fundación Amancio Ortega, dirixidas a alumnado de 4º de ESO interesado en estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos. Hai 80 prazas para Galicia (10 máis que o curso pasado), e o alumnado aspirante debe ter un 8 (como mínimo) de media en 3º de ESO.

Máis información: https://becas.faortega.org/

Animámosvos moito a participar e solicitalas se reunides os requisitos, xa que é unha experiencia moi enriquecedora e positiva para a formación de calquera persoa. Non deixedes de aproveitar esta gran oportunidade !!!

Nova recollida de libros por parte da ANPA

O próximo xoves día 5 de setembro terá lugar a recollida de libros por parte da ANPA no IES Coruxo (no propio despacho da ANPA) e ademais farase a entrega dos cartos polos libros xa vendidos no mes de xullo.

Recollida de libros pola ANPA:

Todos aqueles que queirades entregar para a súa venda os libros que xa non ides usar -e que están en vigor de cara ao curso que vén- podedes facelo, en horario de 17:30 h a 19:30 h.

 

Nos próximos días realizarase tamén unha nova venda de libros e as familias serán avisadas da data da mesma tanto a través desta páxina web como de abalarMóbil.

Listaxes definitivas de axudas de libros e vales material 24/25

O próximo venres 26 de xullo, a partires das 11:00, sacaremos a listaxe definitiva das solicitudes admitidas para as axudas de libros de texto e dos vales materiais

A partires do 26 de xullo (incluído ese día) poderán vir a buscar os vales para material as persoas solicitantes ou autorizadas (previa autorización). Os días de recollida de ditos vales serán durante todo o mes de xullo e ata o 2 de agosto. Os vales que non se recollan nesas datas se lles achegarán en setembro.

Tamén se lles informará sobre os libros adxudicados ao alumno/a matriculado neste Instituto. É importante que no mesmo momento en que veñan a recoller o vale se informen dos libros que o Instituto lles vai asignar a principios de curso e que, polo tanto, non terán que adquirir en ningún caso.

O horario de recollida de vales será o seguinte:

  • Ata o 31 de xullo: De 9:00 a 13:30
  • Do 1 ao 2 de agosto: De 9:30 as 11:30

Para calquera dúbida pódennos chamar ao teléfono do IES Coruxo  886 11 10 16

Distribuir contido


by Dr. Radut