Unha vez máis celebrouse no IES Coruxo un magosto colaborativo, coa participación da ANPA, as familias, alumnado, profesorado e persoal non docente do centro. Castañas (achegadas polas familias), choripanes e música foron os protagonistas da entrañable festa da que disfrutamos.
Todo isto sería imposible sen a colaboración da ANPA e de César (o encargado da cafetería), que organizaron, traballaron e aportaron o necesario para que dita actividade fose posible....ademáis das achegas das castañas por parte das familias e a música por parte do alumnado.
Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de imaxes do magosto: