Skip to Content

CONCERTO DE REAL FILARMONÍA DE GALICIA - Teatro Afundación Vigo

O 8 de Novembro, un grupo de alumnos de 4ºESO, 1º e 2º Bacharelato, e as dúas profesoras de Música,asistimos ó concerto da Real Filarmonía de Galicia, dirixida por Baldur Brönnimann, dentro do programa “Quedamos no palco, quedamos coa clásica”.

Baixo o título de “Romántica”, as dúas pezas musicais exploran a sonoridade romántica, do século XIX, emrpegando diferentes formas, linguaxes e instrumentos.

Ceci n’est pas une valse”, da compositora Raquel García-Tomás, foi unha estrea absoluta. Fai un emprego dunha linguaxe poliédrica, dotada de moitos códigos sonoros que comparte có público. Esta obra parafrasea musicalmente o cadro homónimo do pintor René Magritte, e dialoga co texto homónimo do filósofo Michel Foucalt. O resultado é unha obra divertida, que busca a conexión cos detalles do vals sinfónico do século XIX, para sacalos de contexto e convertilos nunha masa sonora distinta.

A segunda peza foi a Sinfonía nº 4 de Anton Brucker (1824-1896), tamén coñecida como “Romántica” ou “Sinfonía do bosque”, xa que o autor pretendía evocar diversas esceas da natureza e da época medieval. Composta en 1874, pero suxeita a posteriores revisión, escoitamos a de 1878-1880.

Bruckner sentiu admiración hacia Richard Wagner, e nótase a súa influencia na gran extensión das súas sinfonías, na súa linguaxe armónica, e no emprego das tubas wagnerianas nos Finale das sinfonías. Divida nos catro movementos convencionais, hai que reseñar que tanto o primeiro como o último movemento (Finale), a pesar de estar escritos en tempo Allegro, parecen moverse lentamente polo seu ritmo armónico. O segundo movemento lento é solemne e relixioso, como unha marcha fúnebre. No terceiro movemento, Scherzo, obsérvase a enerxía dos Scherzos das sinfonías de Beethoven, pero as melodías lembran as cancións populares austríacas. Bruckner representa por primeira vez o terror do bosque no último movemento.

En conclusión, esta sinfonía é un épico amencer na historia. É un lento coloso, como unha galaxia, que percorre as aventuras heroicas nun tempo suspendido.

 
 
 
 
 


page | by Dr. Radut