Skip to Content

Facendo ciencia dende o IES Coruxo: un proxecto interdisciplinar sobre a economía azul

"Facer ciencia cidadá a través da participación en proxectos interdisciplinares, co obxectivo de levar a cabo un completo proxecto de investigación sobre economía azul."

O alumnado de 1º Bacharelato de Bioloxía e Economía do IES Coruxo participa nun proxecto denominado POSTGROWTH S.A. – Vigo,  que consiste en facer un proxecto de investigación sobre a economía azul na cidade de Vigo.

Trátase dun proxecto interdisciplinar onde, por unha banda, o alumnado de Economía tratará os aspectos relacionados coa economía dunha actividade económica relacionada co mar e, por outra banda, o alumnado de Bioloxía os aspectos máis técnicos desta actividade.

Na primeira sesión desenvolveuse un obradoiro onde ó alumnado, a través de distintas dinámicas, achegou ideas sobre posibles actividades relacionadas co mar a investigar e a súa problemática, guiados en todo momento por Cristina, investigadora da Universidade de Vigo. 

  

  

Os seguintes pasos, guiados por este equipo de investigadores e o profesorado de Economía e Bioloxía, serán concretar a temática a investigar, desenvolver o traballo de campo (enquisas, entrevistas, etc.), analizar os datos mediante táboas e gráficas (entre outras) e deseñar unha presentación final na que o noso alumnado presentará o seu proxecto nunha Conferencia de Ciencia Cidadá en Pontevedra a finais de curso. xunto cos traballos dos outros centros educativos participantes.

O obxectivo é introducir os contidos destas materias empleando metodoloxías activas, onde a adquisición de contidos desenvólvese a través de proxectos.

O proxecto POSTGROWTH S.A. – Vigo ten como fin involucrar a alumnado e profesorado de institutos de Vigo na investigación sobre cómo a cidade pode lograr unha economía azul xusta e sostiible.

 



page | by Dr. Radut