Hoxe o grupo de teatro do instituto deleitounos cunha divertida representación sobre unha cea de Nadal típica de calquera fogar galego.
Quedounos claro que moitos destes actores e actrices chegarán lonxe na carreira da actuación.
Esperamos vervos en acción de novo pronto.
Felicitacións!!
O martes 20 de decembro o alumnado de 1º de bacharelato de ciencias asistiu á charla "A chispa azul", un interesante percorrido polas distintas formas de enerxía renovable que atopamos no mar, que é un recurso abundante e que temos a man para frenar o cambio climático.
Organizado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, foi impartido por Carlos Pérez Collazo, enxeñeiro de minas, profesor do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar en Marín, e embaxador do Pacto Europeo polo Clima.
O pasado 11 de novembro celebramos o primeiro encontro do Club de Lectura do alumnado no presente curso 2022-23.
O alumnado de 1º e 2º ESO puido desfrutar de dúas xornadas de patinaxe sobre xeo na pista de Samil grazas a iniciativa de todos os cursos do departamento de Educación Física.
Velaquí podedes ver os patinadores e patinadoras en acción.
Hoxe a rapazada do equipo de igualdade tivo o pracer de conversar con Isabel Blanco e Irene Silva, as dúas artistas a cargo da exposición "Rompe. Xoga en igualdade" que se pode visitar na entrada do instituto ata o 16 de xaneiro. Isabel Blanco explicou a xestación da exposición e dos diferentes poemas visuais, coma ela os chama, que xorden coma una obra de denuncia social da situación das mulleres a través da figura da boneca Barbie.
Se clicades a continuación podedes ver a instalación da exposición orixinal na súa inauguración en 2018.
Deserta a modalidade de ESO, concédense dous premios na modalidade de Bacharelato ás seguintes alumnas:
Mencía Jorge Cabaleiro, de 1º Bac-E. por Reto sepulcral
Noelia Carollo Abelaira, de 2º Bac-C, por Pingas
Cordiais felicitacións e ánimo para continuar polo camiño das Letras.
Entre a vintena de participantes no concurso para celebrar o Mes da Ciencia na Biblioteca houbo que sortear entre os seis acertantes sen erro de ningún tipo.
Velaquí tedes a gañadora, Yusra El Hariri El Ouriaghli, de 2º ESO-B:
Parabéns a todos os participantes e especiais para a gañadora!!
Velaquí tedes unha mostra dos traballos feitos polo noso alumnado para conmemorar o 25N.
Coa súa profesora Ainhoa Rodríguez, o alumnado de 1º Bac meteuse na pel dos personaxes deste clásico da literatura española e redactou e confeccionou uns extraordinarios diarios de lectura desde a súa respectiva perspectiva.
Velaquí o resultado e algúns autores!
O alumnado de 4º B e 4º C elaborou algúns preparados para contrarrestar os males de amor do poeta romántico que estudan coa súa profesora de Lingua e Literatura castelá Ainhoa Rodríguez.
Aquí os están! :