INAZUMA ELEVEN 1, 2 e 3 TENYA YABUNO
Os membros do Club de Lectura de MANGA, de 1º ESO B, leron neste mes de xaneiro Inazuma 1,2 e 3, de Tenya Yabuno. Os textos gustáronlles moito, pois tocan o tema do fútbol, deporte que lles apaixona, e ademais son divertidos, emocionantes, con algo de intriga, e de fácil lectura. Destaca a opinión de Ikenna E. Costas que di que estes mangas ensinan que hai que traballar en equipo para conseguir o premio final. Tamén lle chamou a atención a escasa presenza de rapazas, porque, di, o fútbol tamén é un deporte de mulleres. Encántanlle os debuxos en branco e negro e a súa perfección. Dos tres volumes, o alumnado considerou máis interesante o número 1.
Velaquí un breve resumo dos tres volumes:
El peligro de la historia única
Chimamanda Ngozi Adichie / Marina Garcés
«Las historias importan. Importan muchas historias. Las historias se han utilizado para desposeer y calumniar, pero también pueden usarse para facultar y humanizar. Pueden quebrar la dignidad de un pueblo, pero también pueden restaurarla.»
El peligro de la historia única é a transcrición dun discurso que deu a escritora Chimamanda Ngozi Adichie nunha charla TED no ano 2009.
O asasinato de Roger Ackroyd Agatha Christie
"A señora Ferrars morreu a noite do 16 ó 17 de setembro, un xoves. Mandáronme recado ás oito da mañá do venres 17. Nada se podía facer. Levaba varias horas morta". Así comeza esta obra de Agatha Christie. Nela, monsieur Poirot non só ten que enfrontarse ao caso da desaparecida señora Ferrars –suicidio?, asasinato?–, senón tamén coa morte violenta de Roger Ackroyd. E cal é o segredo da carta azul? Estes e outros enigmas e intrigas debe desentrañar o noso inspector.
Durante os meses de novembro e decembro, Noelia, Malena, Daniela e Rosalía, de 3º ESO A, leron e comentaron esta novela de intriga.
Na procura dos libros prohibidos
Nas últimas semanas de decembro e nas primeiras de xaneiro, ata o martes día 15, desenvolvemos na biblioteca varias sesións desta actividade encamiñada a que os alumnos atopen un libro oculto. Desvélase a identidade do seu autor trala resolución dunha serie de pistas para a que cómpre facer unha busca eficiente de información nos ordenadores.
O día 15 de xaneiro o alumnado de 1º de bacharelato asistiu á representación da obra “A louca historia de Galicia” na sala Ártika de Vigo, acompañados por Helena, Lorena, Begoña, Elena e Gloria, profesoras do centro.
Esta divertida comedia fai un percorrido polas orixes, costumes e tradicións da nosa terra, dende os celtas ata a actualidade. Os alumnos, ademais de pasalo moi ben, aprenderon algo máis sobre a nosa historia.
A peza foi representada pola compañía Fulano, Mengano e Citano.
Desde a biblioteca agradecemos a participación de todos e animámosvos a seguir cultivando esta importante faceta da formación académica, a escritura.
Na terceira edición deste concurso arredor da data da festa dos defuntos, presentáronse un feixiño de relatos entre os que resultou gañador o que se inclúe a seguir.
Paula Estévez Arias: "Aquel rapaz"
Aquel día tiveramos unha excursión coa clase, foramos ao Galiñeiro, un monte ao lado do instituto. Non facía bo día, de cando en vez poñíase a chover, pero isto dáballe emoción á saída.
Hora zulú
Santiago Lopo
Hora zulú foi a novela lida e comentada no mes de novembro por un grupo de alumnos de 1º de bacharelato A, B e C.
Un home aparece ferido e nu ao pé dun acantilado. Ninguén, nin el mesmo, sabe quen é. Intérnano nun psiquiátrico e a través de informes, correos electrónicos e outros textos, vaise descubrindo pouco a pouco a súa identidade e o que en realidade lle aconteceu.
A obra gustoulles moito aos alumnos pola súa orixinal estrutura, que mantén a intriga ata o final –a pesar de que isto nun principio lles facía complicada a lectura-- e pola historia que se conta, relacionada co paso do tempo e o ecoloxismo.
Morning Star Xosé Miranda
Nos meses de outubro e novembro parte do alumnado de 1º de bacharelato A, B e C leron e comentaron esta obra de Xosé Miranda.
Morning Star é unha novela de aventuras ao xeito clásico; unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, de pozos con esqueletos, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade e aprendendo a vivir.
O 11 de decembro alumnado de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2ºBAC, de Bioloxía e Cultura Científica de 1ºBAC e de 3ºPMR visitou as novas instalacións da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Vigo ... "onde van parar as nosas augas ata que, xa tratadas, chegan ao mar"... Resultou unha visita do máis interesante.