Nas últimas semanas algúns alumnos do centro tiveron a oportunidade de adentrarse no esquisito mundo da caligrafía manual.
Os alumnos de 3ESO, en compañía de Chus Ferrín e Francisco F. Ferreiro, coñeceron de primeira man as características deste tipo de escritura, considerada unha arte, co fin de poder culminar un proxecto artístico e visual relacionado coa conmemoración das publicacións de Verne.
Asimesmo, os alumnos de 1ESO, con Marga e Sara xunto con Francisco, comezaron a garabatear as primeiras letras dos alfabetos medievais e renacentistas nun seminario que continuará nas próximas semanas. Deste xeito poderán coñecer máis polo miúdo a arte de escribir ben, comprender a formación dos trazos e acrecentar a percepción artística e a harmonía estilística.
O 24 de maio acudiu ao noso centro Ignacio Colino, quen impartiu unha interesante charla sobre o uso responsable das novas tecnoloxías ao noso alumnado de 1ºESO dentro do programa "Navega con rumbo" organizado pola Consellería de Educación e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.
Clicando aquí podes descargar a presentación que acompañou a charla (pdf).
A rateira Agatha Christie
No mes de maio, o alumnado de 3º ESO A reunímonos en varios recreos para falar da obra de teatro A rateira de Agatha Christie.
Na obra, Giles e Mollie Ralston inauguran a súa nova casa de hóspedes nos arredores de Londres e esta converterase por uns días no epicentro dun macabro xogo criminal cun asasino solto entre os seus clientes. Illados por unha tormenta de neve e sabendo que calquera deles pode ser a próxima vítima, os oito ocupantes da casa, un dos cales é un sarxento de policía, deberán pescudar quen é o asasino e quen está chamado a ser o próximo cadáver antes de que sexa demasiado tarde.
O 31 de maio alumnado do noso centro participou na actividade de rafting con Arrepións. Aquí tedes algunhas imaxes da mesma:
O pasado 31 e maio, para completar a homenaxe do centro a Mª Victoria Moreno, tivemos unha sesión de lectura de dous textos seus dramatizados. Participaron nesta actividade, en primeiro lugar, un grupo de alumnos de 4º da ESO do IES Torrente Ballester, centro onde impartiu clases a autora, coa peza Un can chamado Morito; e, en segundo lugar, por parte do noso centro o alumnado de 2º PMAR leu a peza teatralizada Unha festa no faiado.
Pica na imaxe superior para ver algunhas fotos do acto. Podes ver tamén o seguinte vídeo da lectura:
O Maelström
(Do 1 de maio ao 2 de xuño de 1868)
[Jules VERNE, Vinte mil leguas baixo dos mares, XIX-XXIII, 2ª parte]
O alumnado de Cultura Clásica e Latín levou a cabo unha visita didáctica ao festival "Brácara romana", facendo unha parada en Ponte de Lima o día 23 de maio.
Para o poeta a perla é unha bágoa do mar; para os orientais, é unha pinga de orballo solidificada; para as damas é unha xoia de forma oblonga, dun brillo hialino e dunha materia nacarada que levan no dedo, no pescozo ou na orella; para o químico é unha mestura de fosfato e de carbonato de cal cun pouco de xelatina; e, finalmente, para o naturalista, é unha simple secreción doente do órgano que produce a nácara en certos bivalvos.
[Segunda parte, capítulo II: “Unha nova proposta do capitán Nemo”]