O vindeiro xoves 12 de decembro de 2019 hai convocada folga de persoal docente no ámbito do ensino público convocada polas distintas centrais sindicais: CIG-ENSINO, CCOO, STEG, FETE-UGT.
Todos os traballadores e traballadoras están no seu dereito de secundar dita convocatoria de folga segundo se recolle no artigo 28.2 da Constitución Española.
Para esta data a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria establece uns servizos mínimos dirixidos a garantir o servizo esencial á educación nos centros docentes, recollidos na ORDE do 28 de novembro de 2019 (DOG Núm. 231, Mércores 4 de decembro de 2019).
Artigo 1: Terán a consideración de servizos mínimos para o persoal docente dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional, a dirección ou membro do equipo de dirección.
En todo caso, quedará garantida a apertura e o peche de todos os centros.
A Dirección