Skip to Content

Información oficial

NOVO CURSO ESCOLAR 2020-2021

 

PROTOCOLO ADAPTACIÓN CONTEXTO COVID-19 CENTROS EDUCATIVOS

Consulta aquí o protocolo da Consellería de Educación par a Adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021.Tamén podedes consultar nesta outra ligazón o Resumo do Protocolo COVID-19 do IES Campo de San Alberto.     

PROTOCOLO CONSELLERÍA EDUCACIÓN 

- PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 IES CSA CURSO 20-21                        

-  ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO NO IES CAMPO DE SAN ALBERTO COVID-19                                                               

 

                    

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E VALES MATERIAL ESCOLAR

LISTAXE DE VALES CONCEDIDOS

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS LIBROS DE TEXTO

Os vales pódense recoller na oficina da secretaria do centro de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas.

LIBROS DE TEXTO 2020-2021

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO

CONSULTADE NA CORONAXENDA DE CADA CURSO

O MATERIAL PARA PREPARAR AS PROBAS DE SETEMBRO.

FIN DE CURSO 2019-2020

CICLOS FORMATIVOS:

Consultade aquí as horas de entrega de notas o venres 26 de xuño.

ESA:

 

As cualificacións finais publicaranse no Abalar Móbil o XOVES 25 XUÑO 2020.

Se algún alumno ou alumna non recibe correctamente as súas cualificacións pode poñerse en contacto co titor ou titora concertando unha cita para a entrega do boletín de notas.

INSTRUCIÓNS PARA CADA CURSO POR ABALAR MÓBIL E CORONAXENDA NA MARXE DEREITA DESTA WEB.

AVALIACIÓN MATERIAS PENDENTES 2020-2021

Podedes acceder a toda a información, na aula virtual, no voso correspondente curso. Os Departamentos irán subindo toda a información referente ao procedemento para a recuperación e avaliación das asignaturas que cada un teña pendente.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

VENRES 3 DE ABRIL a partir das 12:00 HORAS:

Publicación das notas da 2ª avaliación a través do Abalar Móbil.

A próxima semana teremos un descanso merecido!

Voltaremos ás aulas virtuais o MARTES 14 DE ABRIL.

COIDÁDEVOS MOITO!!

DISFRUTADE DAS CORONAVACACIÓNS!!

Información sobre a 2ª AVALIACIÓN. Curso 2019-2020

Venres 27 de marzo de 2020

A. Instrucións do 27 de marzo da Consellería de Educación, sobre medidas a adoptar en relación coa avaliación do 2º trimestre

  1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

  2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

  3. No caso das ensinanzas de formación profesional de grao medio e grao superior na avaliación parcial de módulos do segundo curso no réxime ordinario o equipo docente tomará as decisións de acceso do alumnado á FCT e, nos ciclos de grado superior o módulo de proxecto.

B. Segunda avaliación no noso Instituto

  • • Seguiranse as instrucións da Consellería de Educación, avaliándose os contidos do 2º trimestre en función das tarefas e probas realizadas ata o 13 de marzo do 2020 (os contidos que se están traballando telemáticamente serán avaliados posiblemente no 3º trimestre).

  • • Hai que ter en conta que nalgunhas materias a nota poderá ir en branco, dado que o profesorado pode considerar que non dispón de elementos suficientes para avaliar ao alumnado. En calquera caso, desde as titorías enviarase ás familias a información que o profesorado de cada grupo considere axeitada trasladarlles para o desenvolvemento académico de cada un dos nosos alumnos e alumnas.

  • • Cabe destacar que, nas ensinanzas de ESO e BACHARELATO, esta 2º avaliación ten carácter informativo, polo que o máis importante será observar a evolución académica do alumno ou alumna de cara a avaliación final de xuño.

  • As notas publicaranse a través do ABALAR MÓBIL o venres 3 de abril a partir das 12:00 horas.

    Desde o 4 ata o 13 de abril "DESCONECTAREMOS" POR VACACIÓNS! Retomaremos o traballo o 14 de abril.

Distribuir contido


by Dr. Radut