Información sobre a 2ª AVALIACIÓN. Curso 2019-2020
Venres 27 de marzo de 2020
A. Instrucións do 27 de marzo da Consellería de Educación, sobre medidas a adoptar en relación coa avaliación do 2º trimestre
-
A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
-
Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.
-
No caso das ensinanzas de formación profesional de grao medio e grao superior na avaliación parcial de módulos do segundo curso no réxime ordinario o equipo docente tomará as decisións de acceso do alumnado á FCT e, nos ciclos de grado superior o módulo de proxecto.
B. Segunda avaliación no noso Instituto
-
• Seguiranse as instrucións da Consellería de Educación, avaliándose os contidos do 2º trimestre en función das tarefas e probas realizadas ata o 13 de marzo do 2020 (os contidos que se están traballando telemáticamente serán avaliados posiblemente no 3º trimestre).
-
• Hai que ter en conta que nalgunhas materias a nota poderá ir en branco, dado que o profesorado pode considerar que non dispón de elementos suficientes para avaliar ao alumnado. En calquera caso, desde as titorías enviarase ás familias a información que o profesorado de cada grupo considere axeitada trasladarlles para o desenvolvemento académico de cada un dos nosos alumnos e alumnas.
-
• Cabe destacar que, nas ensinanzas de ESO e BACHARELATO, esta 2º avaliación ten carácter informativo, polo que o máis importante será observar a evolución académica do alumno ou alumna de cara a avaliación final de xuño.
-
As notas publicaranse a través do ABALAR MÓBIL o venres 3 de abril a partir das 12:00 horas.
Desde o 4 ata o 13 de abril "DESCONECTAREMOS" POR VACACIÓNS! Retomaremos o traballo o 14 de abril.
-
Apertas, paciencia e moito ánimo!
-
Saúdos e Saúde!
- Consulta esta nota informativa en formato PDF.