Skip to Content

Información oficial

AXUDAS DE NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS: os/as solicitantes de axudas por NEAE deben presentar a documentación no centro educativo antes do 30 de setembro para completar a solicitude.

Toda a información sobre as becas e axudas na páxina do MINISTERIO. Preme no enlace: https://www.educacionyfp.gob.es/

PRAZOS MATRÍCULA SETEMBRO CURSO 2021/2022

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2020-2021

FIN DE CURSO 2020-2021

REUNIÓN FAMILIAS NOVA INCORPORACIÓN 2021-2022

 

1º BACHARELATO CURSO 2021-2022:

 

Convócase ás familias do alumnado de nova incorporación no IES Campo de San Alberto para o curso 1º Bacharelato.

 

  • LUGAR: Patio cuberto do instituto     

  • DÍA: LUNS 21 XUÑO 2021

  • HORA: 18:00 H.

  • ORDE DO DÍA: Benvida e acollida ao noso centro e información sobre a matrícula para o novo curso.

  • Normas COVID:

    • Uso mascarilla obrigatorio

    • Desinfección de mans á entrada do centro

    • Unha persoa por familia (aforo limitado)

1º ESO CURSO 2021-2022:

 

Convócase ás familias do alumnado de nova incorporación no IES Campo de San Alberto para o curso 1º ESO.

 

  • LUGAR: Patio cuberto do instituto

  • DÍA: LUNS 21 XUÑO 2021

  • HORA: 19:00 H.

  • ORDE DO DÍA: Benvida e acollida ao noso centro e información sobre a matrícula para o novo curso.

  • Normas COVID:

    • Uso mascarilla obrigatorio

    • Desinfección de mans á entrada do centro

    • Unha persoa por familia (aforo limitado)

   

XXVI CERTAME LITERARIO "ALBERTO ROMASANTA"

XORNADA DE ACOLLIDA DA BARQUIÑA AO SAN ALBERTO

Carteis gañadores do premio da Xornada de Acollida do alumnado de 6º de primaria do CEIP Alexandre Rodriguez Cadarso no noso centro.

Unha visita inolvidade!

 

 

 

CRIBADO EN FARMACIAS AO ALUMNADO DE 12 A 17 ANOS

O luns 19 de abril comezará  un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia da Coruña.

Por este motivo, informamos ao alumnado e as familias sobre a existencia deste programa, para que asistades á vosa farmacia de referencia onde vos informarán sobre o procedemento de toma de mostra e vos proporcionarán o tubo de recollida.

Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.

Moitas grazas pola colaboración na difusión deste programa.

ENQUISA CONVIVENCIA

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011 do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, é necesario elaborar unha nova estratexia 2021-2025. Neste contexto, faise necesario realizar unha nova enquisa de diagnose de convivencia. A enquisa é totalmente voluntaria, as claves de acceso para as familias lévanas o alumnado para a casa.

Máis información en https://www.edu.xunta.gal/portal/enquisa_convivencia_2021

O PRAZO REMATA O 29 DE ABRIL 2021

LIGAZÓNS PARA CUBRIR A ENQUISA:

- FAMILIAS: https://www.edu.xunta.gal/convfamil

- ALUMNADO DA ESO: https://www.edu.xunta.gal/convobrig

- RESTO DO ALUMNADO: https://www.edu.xunta.gal/convpost

Graciñas pola vosa colaboración.

COREOGRAFÍA CON "M" DE MULLER

Visitádenos no blog do EQUIPO DE IGUALDADE!

Distribuir contido


by Dr. Radut