Recentemente, foron recibidas e instaladas 10 novas pizarras dixitais (MultiClass Board) no noso Centro. Aínda que veñen preparadas para funcionaren cun ordenador portátil equipado exclusivamente co sistema operativo Linux, tamén foron instalados os seus controladores para Windows, nos equipos de sobremesa que temos nas aulas.
Deste xeito, disfrutan da interactividade que lles é propia e doutras vantaxes de cara a actividade docente, máis alá do seu uso como pantallas de proxección.
Os referidos controladores están configurados para que carguen ao iniciar o sistema, pero, se por algunha "extraña razón" non o fan, bastará con executalos manualmente, premendo no primeiro acceso directo (TOOLS) dos tres que hai na barra de tarefas. Nalgún caso, pode ser necesario desconectar e volver a conectar o cable USB da pizarra.
Ademais, existen outros dous accesos directos (BOOK Lite e BOOK) que corresponden a un software de edición que implementa novas funcionalidades á pizarra. O primeiro deles presenta unha mínima barra con ferramentas (rotuladores de cores, borrador....) e o segundo, inicia o programa completo, para os máis ambiciosos.
Nos seguintes enlaces podes acceder a unha guía rápida da pizarra e o manual completo de BOOK en galego.