OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO PARA 2º ESO

O alumnado de 2º de ESO participou nun Obradoiro de Baile Tradicional Galego nas súas horas de Educación Física os días 23 e 25 de novembro.

Miguel Barbazán, ex-alumno do instituto e membro da Asociación Cultural Cantigas e Agarimos foi o mestre deste Obradoiro.

O alumnado aprendeu, dun xeito práctico, dous dos bailes "soltos" máis característicos galegos, muiñeira e maneo.

Fixemos exercicio, pasámolo ben e aprendimos algo novo da nosa cultura!

Parabéns aos participantes e a poñer o aprendido en práctica nas foliadas, en canto a Covid nos deixe.

Podedes ver a galería completa de imaxes nestes enlaces:

25 N NO IES DE BRION

O IES de Brión  Súmase a iniciativa BRIÓN EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA .O dia 25N convidamos a toda a comunidade educativa a vir vestida de negro, co obxectivo de amosar publicamente a nosa repulsa contra a violencia machista.

Co lema   “Se é amor, non doe"    dende a Biblioteca fíxose  unha selección de lecturas que están  á nosa disposición.Escolleuse  tamén  unha serie de curtas en varias linguas, pois a violencia contra as muleres está presente en todas as sociedades e culturas..  O mércores visionaránse  na biblioteca. 

Tamén sumouse co cancelo #BibliotecasSTOPViolencia para visibilizar as iniciativas deste día.

O cartaz e selección de curtas

https://bibliobrion.blogspot.com/2020/11/25-novembro-dia-internacional-contra.html

Como estabamos a traballar co Origami,  engadimos  a esta iniciativa

Navega en igualdade, fai o teu barquiño:  https://bibliobrion.blogspot.com/2020/11/navega-en-igualdade-fai-tua-barquina-de.html

 Dende o Equipo de Normalización lingüística  convocouse   un concurso de HAIKUS (1º, 2º e 3º ESO)  e MICRORRELATOS (4º ESO e BACH) co lema 25 novembro VIOLENCIA = 0

VER CARTAZ

Dende o Departamento de Orientación, traballarase   co alumnado de 3º e 4º de ESO nas  horas de titoría  os distintos tipos de violencia de xénero e os  mitos do amor romántico.

 NON TES DISCULPA PARA NON SUMARTE 

 PARTICIPA NALGUNHA DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS

 

AXUDAS PARA A COMPRA DE MÁSCARAS

A consellería de Educación ven de publicar a ORDE do 6 de Novembro de 2020, na que se dan a coñecer os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado da ESO (non bacharelato)  matriculado en centros públicos. http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-061120-0002_gl.pdf

O alumado que xa resultou beneficiado das axudas de material escolar, será beneficiado directamente, non terá que presentar unha nova solicitude.

O resto do alumnado, que non foi beneficiado por diferentes causas poderá presentar unha solicitude para dita axuda (ANEXO I de esta orde), dispoñible na sede electrónica da xunta (https://sede.xunta.gal) e na administración do centro. A solicitude deberá presentarse no centro de ensino onde o alumnado está matriculado, nun prazo máximo de 10 días, contados a partir do día seguinte á publicación de esta orde.

COMEZAMOS CO CLUB DE LECTURA!

 Comezamos coas actividades do noso club de lectura. Se queres compartir lecturas con nós, xa sabes, anótate nesta ligazón antes do 28 de outubro. Este ano teremos grupos reducidos, así que non te demores, as prazas son limitadas!

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA PEDRA VIADA

Prezadas familias,

Benvidas todas a este novo curso no Ies de Brión! Diante das circunstancias especiais coas que nos toca remar este ano, dende a Anpa imos arrancar cunha oferta case simbólica de actividades, que se desenvolverán ademáis de xeito telemático. Non quixemos renunciar a todo, pero tampouco poñer en marcha propostas que puidesen supoñer ainda máis complicacións organizativas para o centro por mor dos protocolos, así que comezaremos con XADREZ e OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA, as dúas online. Conforme avance o curso, agardamos que tomen forma outras iniciativas nas que estamos traballando, como un Taller de Arte Urbana, que será, agardamos, ó vivo. Tamén poñeremos en marcha unha nova edición do Certame Cultural en primavera e continuaremos a colaborar co centro na actividade de Teatro Musical que coordina o departamento de Música. Pero o obxectivo último da Anpa é contribuir a mellorar no posible o día a día do noso IES, e para iso seguimos pensando que cantas máis forzas sumemos, mellor: animámosvos a facer tódalas achegas que consideredes de interese e tamén, a asociarvos. Adxuntamos ó final da circular o boletín de inscrición. Unha vez cuberto e ingresados os 12€ da cota por familia, agradecemos que a enviedes ó correo anpaiesdebrion@gmail.com. O buzón da Anpa tamén está a disposición de quen o precise, no fondo do corredor, no primeiro andar do Instituto.

Ánimo a tod@s!

A directiva

INFORMACIÓN SOBRE TRANSPORTE ESCOLAR

Informamos ás familias de que non temos aínda resposta do Servicio de transporte escolar da Delegación da Coruña sobre a proposta de organización das rutas que presentamos no mes de xullo. Unicamente nos deixaron clara a necesidade de suprimir a parada de Bertamiráns, por non ser alumnado da zona escolar de Brión e estar xa o transporte saturado co desta zona escolar. Polo demais, ata que teñamos unha resposta, as rutas mantéñense como o curso pasado.

Nesta situación e á espera de resposta, temos que facer as seguintes aclaracións:

-Non se fará a parada de Bertamiráns

-Terán transporte escolar asegurado:

     -Todo o alumnado usuario lexítimo (de ESO, da zona escolar de Brión e que vive a máis de 2 km)

     -Todo o alumnado de ESO que vive entre 1 e 2 km.

     -O alumnado de 1º de ESO que vive a menos de 1 km (o que solicitara a parada de Río Pego),                collendo o autobús na parada da Gardería.

     O resto do alumnado que solicitou transporte só poderá utilizalo se quedan prazas libres.

Recordámoslles que a Empresa Ferrín, que pasa por Bertamiráns e Os Ánxeles, fai parada no instituto sobre as 8,20 h e de volta pode recoller ao alumnado na parada que hai perto do Centro social ás 14,40 h

Por outra parte, no contexto de Pandemia no que estamos, facemos un chamamento a todo o alumnado que poida vir andando ou en Bici para que o faga, habilitaremos aparcadoiro adecuado.

INFORMACIÓN SOBRE O COMEZO DO CURSO

Informamos ás familias do horario de presentación do alumnado, os días 23, 24 e 25. Consulten o documento adxunto.

IMPORTANTE:

-Todo o alumnado debe traer máscara da casa. Proximamente colgaremos o Protocolo COVID nesta páxina, de momento as normas básicas explicaránselles durante a presentación.

-Vai haber transporte escolar para ese horario, pero recoméndose que todo o alumnado que o poida facer veña a pé ou en Bici.

NOVIDADES SOBRE O CURSO 20-21

Informamos ás familias da concesión, por parte da Consellería de Educación, de 3 dos 4 profesores/as que solicitabamos, polo que retomamos a organización do curso 20-21.

Esperamos ter todo preparado para comezar as clases o día 23. Informarémoslles pola páxina web e/ou correo electrónico.

O CURSO 20-21

CARTA ABERTA ÁS FAMILIAS:

Ante as información contraditorias que saen da Consellería de Educación; por un lado din nos medios de comunicación que nos dan a escoller entre:

-O desdobramento de grupos para poder ter 1,5 m de distancia,

-A instalación de mamparas e 1 m de distancia 

-A semipresencialidade.

E por outro dinnos, pola vía da Inspección educativa, que o a 1ª opción é a instalación de mamparas, aínda que teñamos aulas para eses desdobramentos. Ou sexa, que nada de escolla: obriga.

A Dirección do IES de Brión quere deixar claro o seguinte:

-Desbotamos a utilización de mamparas polo custo, polos problemas de limpeza, pola dificultade de mobilidade do alumnado, de escoita, de ventilación, etc.

-Consideramos que nada pode substituir ao ensino presencial e, polo tanto desbotamos a semipresencialidade.

-Temos aulas dispoñibles e queremos que nos dean os 4 profesores/as que solicitamos para facer os desdobramentos, en horario normal de mañás, e para facer todas as gardas que o Protocolo COVID da Consellería nos obriga a facer.

-Queremos unhas instrucións definitivas xa porque estamos fartas dos cambios de criterio da Consellería. Levamos moito tempo traballando para organizar o curso e a organización que facemos un día, non serve para o seguinte.

POR ÚLTIMO: Calquera medida que non sexa o aumento de profesorado e os desdobramentos, non será nunca por decisión nosa, senón por imposición da Consellería.

Grazas ás familias por apostar polo ensino público!

Recorden que o comezo do curso se adía ata o mércores 23, daremos máis información en canto poidamos a través da páxina web

Distribuir contido