I CERTAME CULTURAL IES DE BRIÓN: APÚNTATE!

UN ANTÍDOTO CONTRA O COVID-19: ACEPTAS O RETO?

Despois destes primeiros días “tan distintos do que ven sendo habitual” dende o instituto queremos enviarvos unha mensaxe de tranquilidade e de ánimo!!

A día de hoxe cremos que todos e todas xa tedes material para traballar e non perder o ritmo, sendo conscientes de que as realidades familiares son moi distintas, algúns con moitos medios, outros con problemas de conexión...calma!! Seguimos aquí para axudarvos e en canto voltemos a normalidade retomaremos explicacións, dúbidas e algún que outro “enfado” (isto dito dende o cariño ;-)

Un dos temas máis importantes nestes momentos pode ser ter un tempo para reflexionar, para desenvolver o sentido de resiliencia, esa capacidade de superarse antes as adversidades, de empatía poñerse no lugar de outros. O que estamos vivindo é algo que pode deixarnos unha pegada importante, por iso queriamos convidarvos a que plasmedes como vai todo e imos propoñervos varios retos divertidos, para que teñades outras ocupacións, non só as académicas.

Podedes escoller entre os propostos:

RETO Nº1: Elaborar un diario, pode ser de moitos xeitos: escrito, gravando o día a día e contando a vosa experiencia, con un cómic, facendo unha presentación, diario compartido con algúns amigos/as...

RETO Nº2: Onde vivo: podedes facer un anuncio da vosa aldea, rúa, concello, con carteis, con música, utilizando o humor …

RETO Nº3: Facer un eslogan, un gif sobre o COVID-19 o humor axuda a reducir “os agobios”

RETO Nº4: Investigar sobre o COVID-19, e outras pandemias históricas, ou facer unha reflexión sobre o illamento, a soidade... ou algún tema do teu interese.

RETO Nº5: Facer fotos dalgún momento na casa, coa familia, coa mascota, vendo a tele, mirando a rúa ... , unha instantánea que pasado este tempo de confinamento, nos provoque un sorriso ou mesmo unha bágoa.

RETO Nº6: Escribir unha poesía ou compoñer unha canción expresando os teus sentimentos estes días e gravarte léndoa ou cantándoa.

RETO Nº 7:  Crear un vídeo curto entre 1-3 min dalgún tema de interese para eles que relacionen  co COVID-19.

A volta, dende nas titorías, coñeceremos as vosas propostas e poden optar a PREMIO!!!!

IMAXINACIÓN E HUMOR SEMPRE !!! ÁNIMO E PACIENCIA QUE XA QUEDA MENOS!

EU QUEDO NA CASA: PROPOSTAS DA BIBLIO PARA A CORENTENA

Dende o Equipo da Biblioteca do IES de Brión fannos unha serie de fantásticas propostas para levar mellor estes días. Non deixedes de consultar o seguinte ENLACE!!!

Ánimos!!

CONTACTO CO CENTRO DURANTE O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES

A atención ao público, durante o tempo que dure a suspensión das actividades por mor do coronavirus, farase por vía telefónica en horario de 10 a 13 h no teléfono do centro: 881 86 60 58.

Infórmase a alumnado e familias de que, para calquera consulta poden chamar nese horario a ese teléfono ou ben contactar por correo electrónico con: ies.brion@edu.xunta.gal. Procurarase contestar dentro das 24 h seguintes, sempre que sexa posible.Tamén poden poñerse en contacto coa nosa Orientadora, Esperanza, no correo: esperanza@iesbrion.com e con Pilar, Psicóloga do Concello que colabora con nós, no tlfno: 981 50 99 10

Pídese ao alumnado que estea atento/a á páxina web e a cada unha das canles de comunicación que o profesorado utiliza para comunicarse con eles/as .

INFORMACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓN DAS CLASES POR MOR DA PANDEMIA DE CORONAVIRUS

Informamos ao alumnado e familias de que a partir do luns poderán consultar nesta páxina web as actividades propostas dende as diferentes materias para seguir traballando na casa durante os próximos 15 días. 

FELIZ 8 DE MARZO!!

Recuperando o traballo feito polo alumnado para o Día da Muller e a Nena na Ciencia, aproveitámolo nesta ocasión para conmemorar o Día 8 de Marzo, recordando mediante este vídeo a 14 grandes mulleres matemáticas.

Feliz dia a TODAS !!

 

FELIZ 8 DE MARZO!!

A MATERIA DE IGUALDADE DE XÉNERO DESÉXAVOS......

CHARLA MATEMÁTICAS NO 11F, X? DE ELENA VÁZQUEZ CENDÓN, DECANA DE MATEMÁTICAS

Para conmemorar o dia 8 de Marzo, recordamos a visita o pasado 13 de Febreiro  ao IES  de Brión de Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da USC e coordinadora xeral do Máster de Matemática Industrial na USC, UDC, Universidade de Vigo, Universidade Carlos III e Universidade Politécnica de Madrid.

A recoñecida profesora deleitounos coa charla Matemáticas no 11F,X?, onde destacou o papel de importantes matemáticas ao longo da historia, así como nos falou das aplicacións das matemáticas no campo no que ela traballa a Matemática Industrial.

Agradecemos a Elena a súa inolvidable visita así como as entrevistas que concedeu ao alumnado de 4º ESO e 1º BACH.

VENRES POÉTICOS!!

Dende o venres 14 de febreiro celebrando o día do amor e seguiremos ata a véspera do Día da poesía, o 21 de marzo. 
Cada semana, unha lingua diferentes autoras, motivos ou formas...

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA CURSO 2020/21

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2020/21
DENDE 0 1 AO 20 DE MARZO
  • Aplicación informática ADMISIONALUMNADO (para cubrir as solicitudes, con manual de axuda).
  • Solicitude de admisión en papel:

           ANEXO II (Galego)   ANEXO II (Castelán)                                 

  • Táboa de axuda para cubrir o baremo da renda familiar percápita.
  • Prazas vacantes por cursos no IES DE BRIÓN.

NOTA: Esta solicitude é para aquel alumnado do IES DE Brión que pretenda cambiar de centro educativo e para aquel que queira solicitar praza no noso centro.

O alumnado actualmente matriculado no IES de Brión que queira continuar os estudos neste centro non ten que facer reserva de praza, posto que esta faise de xeito automático.

Distribuir contido