RECOLLIDA DE VALES PARA MATERIAL ESCOLAR

As familias do alumnado que promocionou en xuño, pode pasar a recoller os vales para material escolar. Os do alumnado que se matricula en setembro poderán recollelos a partir do día 16.

SETEMBRO: CALENDARIO E INSTRUCIÓNS

Consulta aquí o calendario e instrucións para o mes de setembro.

PROTOCOLO COVID-19 PARA AS PROBAS DE SETEMBRO

Debido a situación xerada pola pandemia do COVID-19 deixamos a continuación unha serie de indicacións para a realización das probas extraordinarias de setembro.

O EQUIPO DIRECTIVO

DESCARGA O ARQUIVO AQUÍ

RECOLLIDA DE TÍTULOS DE GRADUADO EN ESO E DE BACHAREL

Infórmase a todo o alumnado que obtivo os títulos de Graduado en ESO ou de Bacharel no IES de Brión, entre os anos 2015-2018; que pode pasar polo centro durante o presente mes de agosto para recoller os correspondentes títulos.

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE ESO E BACHARELATO

No DOG do 22 de xullo https: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200722/AnuncioG0534-140720-0001_gl.html  sae a Convocatoria das Probas para a obtención do Premio Extraordinario de Bacharelato, ás que poderán concorrer aqueles/as alumnos/as que tiveran unha media igual ou superior ao 8,75 na etapa.

No DOG do 24 de xullo: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200724/AnuncioG0534-140720-0004_gl.html  sae a Convocatoria das Probas para a obtención do Premio Extraordinario da ESO, ás que poderán concorrer aquele/as alumnos/as que tiveran unha media igual ou  superior a 9 na etapa.

Animamos a presentarse ao alumnado que cumpra eses requisitos.

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO

Consulta aquí o calendario de probas extraordinarias de setembro 2020:

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME CULTURAL

O día 30 de xuño foron entregados os premios do I CERTAME CULTURAL IES de BRIÓN. Foi ás 11h da mañá , na Biblioteca do cento. Consulta no blog da Biblio as fotos do evento: https://bibliobrion.blogspot.com/

Parabéns a todxs os e as premiadas!!!

COMUNICADO DO PROFESORADO DO IES DE BRIÓN

Comunicado do Claustro de profesorado do  IES de Brión reclamando medidas para unha adecuada planificacion do curso 20/21 en situación de Pandemia:

DESCARGAR ARQUIVO

MATRÍCULA CURSO 2020/21

O período de matrícula para o curso 20-21 abrangue dende o 1 ao 10 de xullo. Deberá matricularse todo o alumnado que promocionou no curso 19-20. Para evitar aglomeracións e facer a matrícula de xeito ordenado, virán:

Día 1 ---->4ºESO: -de 9 a 11:30 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L

                          -de 11:30 a 14 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z

Día 2 ---->Bacharelato (1º e 2º): -de 9 a 12 h alumnado de 1º de Bacharelato

                                              -de 12 a 14 h alumnado de 2º de Bacharelato

Día 3 ---->1ºESO: -de 9 a 11:30 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L

                          -de 11:30 a 14 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z

Día 6 ---->2ºESO: de 9 a 11:30 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L

                          de 11:30 a 14 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z

Día 7 ---->3ºESO: -de 9 a 11:30 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o A ao L

                          -de 11:30 a 14 h alumnado con inicial do 1º apelido dende o M ao Z

Os días 8,9 e 10 resérvanse para os casos nos que houbese algún impedimento para facela no día asigando. Por favor, descarguen os impresos e tráianos, cubertos e asinados polos 2 proxenitores.

AVISO 1: recoméndase traer unha fotocopia do impreso de matrícula, unha vez cuberto. No caso de necesitar fotocopias deste ou outros documentos, pasen por conserxería facelos antes de dirixirse á oficina.

AVISO 2: prégase ao alumnado dos cursos superiores (de 2º en diante) que no correo do alumno/a poñan a súa conta de correo iesbrion (.....@iesbrion.com). O de 1º ESO que non poña ningún e xa se lle fará esa conta iniciado o curso.

Descarguen aquí os impresos:

  

Distribuir contido