PREMATRÍCULA CURSO 2021/22
Enviado por Dirección o Lun, 31/05/2021 - 10:44Dende o IES de Brión queremos coñecer a escolla de optativas do noso alumnado para o curso 21-22; para iso poñemos á vosa disposición o seguinte formulario de prematrícula. Por favor, cubrídeo e enviádeo antes do luns, día 7 ás 15 h. Para acceder pediravos a vosa conta de correo iesbrion.
Este formulario soamente é para o alumnado que pasará o próximo curso para 2º BACH ou 4º ESO.
Poñede atención, tede en conta que a vosa escolla determinará a configuración dos itinerarios do curso que ven.
PROBAS AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 2ª BACHARELATO CURSO 2020/21
Enviado por Dirección o Ven, 28/05/2021 - 07:55INFORMACION SOBRE REINTEGRO (DEVOLUCION) BOLSAS CURSO 2020/2021
Enviado por Dirección o Ven, 21/05/2021 - 12:03Entenderase que non se destinou a bolsa para a finalidade que lle foi concedida e procedaráse por esta unidade ao trámite de reintegro (devolución) nos seguintes supostos:
a) Causar baixa no centro, anular matrícula ou renunciar antes do remate do curso 2020/2021.
b) Non ter asistido a un 80% ou máis das horas lectivas, salvo dispensa de escolarización.
c) Non ter superado o 50% das materias, créditos ou horas matriculadas, en convocatoria ordinaria nin extraordinaria
d) Non ter superado o curso completo no curso de acceso ou do curso de preparación dos cursos de formación específicos para o acceso a formación profesional ou no caso de estudos cursados nas escolas de idiomas.
Tamén se procederá ao reintegro (devolución nos seguintes casos):
- Cobros indebidos de contías ben sexa por erro ou por outras causas.
- Ocultamento ou falsificación de datos. (incluído a icompatibilidade con outras bolsas)
ACLARACIÓN
O cálculo sera en materias (asignaturas)
ABEIRO LEGAL:
➔ Artigos 40,41,42,43,44,45 e 46 da resolución da secretaria de estado de educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso 2020/2021 para estudantes de niveles postobrigatorios
➔ Art 36 e seguintes da lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no RD 887/2006 polo que se aproba o seu regulamento.
SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-22
Enviado por Dirección o Ven, 21/05/2021 - 08:28Orde do 6 de maio de 2021, DOG Núm. 93 (20/05/21) (xúntase pdf do DOG coa convocatoria)
Prazo.- ata o 22 de xuño de 2021 incluído.
Beneficiarios/as.-
-Axudas para material escolar: alumnado matriculado en ESO.
-Fondo solidario de libros: o noso centro está incluído no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2021/22 polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
Documentación necesaria.-
-Impreso de solicitude ED330B (Anexos I e II): (xúntase impreso solicitude pdf e instrucións para cubrila)
-Copia de documento que acredite a unidade familiar (a data 31/12/2019): Libro de familia, sentenza de divorcio/convenio regulador, ou no seu defecto certificado de convivencia expedido polo Concello correspondente.
-Se é o caso: Certificado do grao de discapacidade do alumno ou calquera membro da familia. Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero. Resolución de acollemento de alumnado en situación de tutela da Xunta de Galicia.
Forma de presentación de solicitudes.
-Preferentemente a través da aplicación FONDOLIBROS. Unha vez cubertos os datos, a aplicación xera unha solicitude numerada que poderán presentar:
-Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: ACCESO SEDE ELECTRÓNICA
-Presencialmente no centro educativo.
-En caso de non ter acceso á aplicación Fondolibros, poderán presentarse solicitudes (Anexo I e II) cubertas manualmente no propio centro, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.
ORDE DO 6 DE MAIO DE 2021: AXUDAS E FONDO LIBROS: |
LIGAZÓN |
IMPRESO SOLICITUDE ED 330B (ANEXO I E II): | LIGAZÓN |
INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR IMPRESO: | LIGAZÓN |
MANUAL DO USUARIO PARA O CIDADÁN | LIGAZÓN |
II CERTAME CULTURAL IES DE BRIÓN- MAIO 2021
Enviado por Dirección o Mér, 19/05/2021 - 18:27O xurado do II Certame Cultural IES de Brión-Maio 2021 estivo composto por Dª Sandra Souto e D. Xabier Lorenzo en representación do Instituto e Dª Mª José Piñeira, Dº José Manuel Velo e Dª Patricia Iglesias como representantes da ANPA.
Á hora de establecer os galardóns, valorouse a calidade dos traballos presentados, a súa orixinalidade, a inspiración no lema proposto e tamén o respecto ás bases da convocatoria. Lembramos que nelas había unha referencia expresa ao uso do galego, tendo en conta ademais que esta cita está pensada para festexar o Día das Letras.
Nesta edición incrementouse o número de participantes na modalidade de Relato Curto, onde o xurado acordou conceder ademais dos dous premios establecidos, un accésit, polo interese das narracións e as temáticas propostas. Así mesmo acordou deixar desertas as modalidades e categorías onde os traballos presentados non acadaban os requisitos previamente apuntados.
Agradecemos o esforzo mostrado polo alumnado participante no Certame. Animámosvos a continuar traballando e sumarvos ás vindeiras edicións. Tedes moito talento!.
A exposición dos traballos e a entrega de premios terá lugar o vindeiro venres 21 ás 12:05 na Biblioteca.
JUVENES TRANSLATORES 2020
Enviado por Minia o Lun, 17/05/2021 - 11:02Tras un ano de descanso no que o IES de Brión non resultou seleccionado para participar no concurso de Juvenes Translatores da Comisión Europea, este ano voltamos ter a ser a oportunidade de facelo. Nunhas condicións algo diferentes, pero con toda a ilusión do mundo, participaron as alumnas da materia de tradución de 2º Bacharelato: Sara García Cibrán, Ana Cunqueiro Cajuso, María Cuñarro Guliás, Ana Pedrosa Finn e Sofía Sambade Formoso. Parabéns ás cinco magníficas polo voso traballo!!
RAFTING NO RÍO MIÑO
Enviado por carmengf o Sáb, 15/05/2021 - 13:10
O pasado mércores 12 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato, acompañados polos profesores Juan Carlos Freiría e Carmen García, puidemos desfrutar dunha mañá facendo rafting polo río Miño, actividade organizada polo Departamento de Educación Física.
Ao principio, iamos facer rafting polo río Ulla, pero debido á COVID, o concello de Padrón pechou. Non obstante, iso non nos impediu realizar esta emocionante actividade, xa que puidemos realizala no Miño.
A pesar do mal tempo que parecía ía facer, pouco despois de comezar a actividade parou de chover e puidemos pasar moi bo rato e contemplar mellor a paisaxe. Ademais, alí ensináronnos cousas dos arredores, como algunhas zonas de pesca da lamprea con redes, e logo puidemos tirarnos dende unha rocha ou deixarnos levar pola corrente no último tramo do río.
Esta foi unha actividade que a maioría realizamos por primeira vez e polo tanto, conservaremos un bo recordo deste día, a pesar das caídas e baños inesperados. Ademais, en compañía de amizades fíxose moito máis divertida, facendo que pasáramos un día xenial.
Iria Maceiras, 1º Bacharelato A.
Podedes ver as fotos do rafting premendo aquí
LISTAS DE ADMISIÓN CURSO 2021-22
Enviado por Dirección o Mér, 12/05/2021 - 10:31Publicadas as listas de admisión definitiva no taboleiro de administración do centro.
Recursos e reclamacións
ORDE do 12 de marzo de 2013, artigo 32.
Impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: recurso de alzada ou reclamación.
1. No caso de centros públicos, contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
3. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.
RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO E/OU ÁS CUALIFICACIÓNS DAS MATERIAS PENDENTES DE 1º BACHARELATO
Enviado por Dirección o Dom, 09/05/2021 - 20:48Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021, as reclamacións ás cualificacións de 2º de bacharelato e/ou ás cualificacións das materias pendentes de 1º de bacharelato, presentaranse de acordo co seguinte procedemento e nas seguintes datas:
Día 19 de maio ás 8:30 horas
Entrega dos boletíns coas cualificacións finais de segundo de bacharelato por parte dos titores/as na aula de referencia do grupo.
As notas serán enviadas tamén por SIXA .
Días 19 e 20 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas
Presentación de reclamacións Instancia dirixida á Dirección do centro.
Antes de presentar esta reclamación é conveniente que a/o alumna/o fale coa profesora ou profesor para recibir as oportunas explicacións sobre a nota.
Día 21 de maio de 11:30 a 14:00 horas
Resolución da reclamación presentada. O alumnado recollerá a resolución na secretaría do centro.
Días 24 e 25 de maio, en horario de 9:00 a 14:00 horas
De non estar de acordo coa resolución do departamento, o alumnado poderá solicitar que a dirección remita o expediente de reclamación á Xefatura Territorial, presentando unha nova instancia na oficina do centro.
As reclamacións basearanse nos criterios establecidos na circular 2/2021 (mencionada ao inicio deste oficio).
Os modelos para presentar as reclamacións atópanse na circular 2/2021 e tamén estarán na Administración do Centro.
As reclamacións serán formuladas polo alumnado no caso de ser maiores de idade e polas súas persoas proxenitoras ou persoas que ostenten a representación legal, no caso de ser menores de idade.
A Dirección
ESTE ANO, EN EDUCACIÓN FÍSICA, PURA RESILIENCIA!!!
Enviado por Anónimo o Mar, 04/05/2021 - 17:56Resiliencia é a capacidade que permite a certas persoas superar as distintas adversidades que xorden na vida diaria.
Despois deste ano, creo que podemos dicir, que somos RESILIENTES (con maiúsculas, nin máis, nin menos). Noraboa polo voso traballo! Disfrutádeo!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »