REVISTA ALTAMIRA
Enviado por Dirección o Ven, 08/04/2022 - 10:16O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA do IES de BRIÓN en colaboración cos Departamentos didácticos e co Concello consideramos que o alumnado de Brión podía enriquecerse ao achegarse á trabe de ouro do coñecemento da contorna a través da revista ALTAMIRA disponible en PDF e noutro formato dixital na páxina do Concello de Brión.
ALTAMIRA é unha das máis lonxevas revistas municipais de Galicia. Desde o ano 1985 saen ininterrompidamente varios números anuais até hoxe.
O espírito dos fundadores foi dar á veciñanza do Concello unha ferramenta de información de temas importantes tanto municipais coma de interese xeral, partindo da realidade de onde se vivía.
A partir dos seguintes PDF podedes acceder ao ÍNDICE DOS 100 primeiros números e ao ÍNDICE TEMÁTICO para que sexa máis fácil traballar os distintos contidos presentes nas revistas.
HAPPY HOLI 2022
Enviado por Dirección o Ven, 18/03/2022 - 14:26Holi é unha festa popular arraigada na antiga cultura hindú, tamén coñecida como a festa do amor, das cores ou da primavera. Celébrase a fin do inverno e o florecer do amor. É un día para coñecer xente, xogar, rir, esquecer, perdoar e retomar vellas relacións. A celebración dura unha noite e un día, empezando na noitiña de "Purnima" (lúa chea) que cae no calendario hindú no mes de "Phalguna", que coincide no mes de marzo.
Tradicionalmente, o Holi é unha festa relixiosa que nos últimos anos vense estendendo fóra da India, cara a Europa e América do Norte como unha celebración primaveral de amor, diversión e cor.
A festa empeza cunha "Holika Dahan", onde a xente se reúne para celebrar rituais relixiosos fronte ao lume e rezar pola desaparición da maldade. Á mañá seguinte ten lugar o "Rangwali Holi" ou "Dhuleti", un festival no que ao aire libre, todos embadurnan a todos con pó de cores-- todo vale, amigos e descoñecidos, ricos e pobres, homes e mulleres, nenos e anciáns... Tamén hai música, baile, encontros coa familia e os amigos, risas, rexoubas e delicias tradicionais de Holi.
(Tradución do inglés de Jessica Ramos Villaverde e Matías Rodríguez Sánchez, 2º Bacharelato)
ESCRITORAS CON MOITO QUE CONTAR
Enviado por Noela o Xov, 10/03/2022 - 22:01Seguindo coa proposta da biblioteca de dar visibilidade ás grandes mulleres que hai en tódolos eidos e tras adicarlle o mes de febreiro ás científicas, propuxémoslle ao alumnado que cursa literatura universal en 1º de bacharelato xunto coa súa profesora María, un proxecto para visibilizar dez escritoras que abriron camiños e das que temos moito que aprender.
Representaron a cada muller cunha silueta que posteriormente deseñaron en consonancia coa súa personalidade, plasmaron a información máis relevante sobre a súa vida e os seus diversos logros, pero dado que hai tanto que decir sobre estar brillantes mulleres e quedaban moitas cousas no tinteiro engadiron un código QR a través do cal podemos ampliar a información. Tamén podemos poñer a proba os nosos coñecementos con este quiz sobre estas 10 escritoras imprescindibles
Un fantástico traballo que hai que felicitar por parte de toda a comunidade educativa, parabéns rapazas!
SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA CURSO 2022/23
Enviado por Dirección o Dom, 27/02/2022 - 10:41
ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2022/23 DENDE O 1 AO 22 DE MARZO |
|
|
|
|
|
|
NOTA: Esta solicitude é para aquel alumnado do IES DE Brión que pretenda cambiar de centro educativo e para aquel que queira solicitar praza no noso centro.
O alumnado actualmente matriculado no IES de Brión que queira continuar os estudos neste centro non ten que facer reserva de praza, posto que esta faise de xeito automático.
CHARLAS 11 f. DÍA INTERNACIONAL DA NENA E MULLER NA CIENCIA
Enviado por luz o Sáb, 19/02/2022 - 21:04Na conmemoración do día Internacional da nena e muller na Ciencia dúas excelentes profesionais impartiron charlas no IES de Brión achegándonos de forma sinxela á Intelixencia Artificial.
O alumnado de TIC I de 1º de Bacharelato asistiu o 8 de febreiro á charla temática "Intelixencia artificial, imaxes e saúde" impartida por María J. Carreira, profesora de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da USC. Durante a charla coñecimos proxectos nos que participous no eido do procesado intelixente de imaxe médica en campos tan diversos como a oftalmoloxía, radiografía de tórax, oncoloxía e neuroloxía. Actualmente investiga no CITIUS nos eidos da Odontoloxía e Bioinformática. Finalmente animou ao alumnado ao aproximarse ás profesións de científic@ e enxeñeir@, vinculándoas á sociedade actual. |
"Intelixencia Artificial, imaxes e saúde" María J. Carreira |
"Sabes a que chamamos aprendizaxe por reforzo", Sabela Ramos Garea |
Alumnado de 3º de ESO asistiu o pasado 11 de febreiro á charla on line "Sabes a que chamamos aprendizaxe por reforzo?" impartida por Sabela Ramos Garea enxeñeira de software en Google Research, organizada desde o MUNCYT. Sabela introduciu ao alumnado conceptos da Intelixencia Artificial como aprendizaxe por reforzo, aprendizaxe máquina, machine learning, test de turing. |
Participación na MasterClass de Física de Partículas
Enviado por Noela o Xov, 17/02/2022 - 22:32O pasado venres 11 de Febreiro en conmemoración do día da muller e a nena na ciencia Julia González e Valeria Torres acudimos a unha masterclass sobre física de partículas organizada por alumnas de doutorado en distintas ramas da física. Á masterclass acudimos 40 alumnas de 20 centros distintos e 20 profesores/as.
Ao chegar visitamos as instalacións da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, e asistimos a dúas charlas teóricas básicas sobre física de partículas para aprender os fundamentos que posteriormente empregaríamos nos obradoiros prácticos.
A continuación realizamos a parte práctica na que tiñamos que buscar a traza das partículas que se xeran nos aceleradores de partículas do CERN, analizamos datos reais!
Tivemos un descanso para xantar dunha hora co resto de alumnas no comedor universitario.
Nas últimas horas da xornada debatemos sobre os resultados da análise do CERN e principalmente sobre o papel da muller na ciencia e nas carreiras STEM. Por último sobre as conclusións que sacamos falamos e conversamos nunha videoconferencia en inglés con investigadoras do CERN.
Por último fixemos unha ronda de preguntas coas organizadoras sobre o aprendido na xornada e sobre a súa vida como investigadoras e científicas nun sector dominado por homes. Gustaríanos destacar o xenial que foi vivir unha experiencia coma esta, e máis cando estivo organizada integramente por mulleres investigadoras que queren difundir a súa vida e carreira a rapazas novas para fomentar a ciencia no xénero feminino.
FELICITACIÓNS POLA ADICACIÓN E INTERESE NA XIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA
Enviado por luz o Xov, 17/02/2022 - 14:19Unha representación do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato participou na XIII Olimpíada de Xeoloxía celebrada o 16 de febreiro na Cidade da Cultura.
Parabéns a todos eles e elas, especialmente a Maruxa Garaboa Penabad polo premio accésit de 4º de ESO e Eirena Souto Pazó polo 1º premio acadando a máxima cualificación na sede provincial de Coruña, formando parte do equipo galego para representar á nosa comunidade na fase nacional que se celebrará o vindeiro 26 de marzo en Almería.
Noraboa
Rachando cos mitos do amor román-TikTok ♥︎
Enviado por Anónimo o Mar, 15/02/2022 - 18:52Co gallo da celebración do 14 de febreiro, internacionalmente coñecido coma o Día de San Valentín ou Día dos namorados, o noso alumnado de 4º ESO afondou sobre os mitos do amor romántico e participou, en colaboración coa área de Igualdade do Concello de Brión e Psiconova, nesta Contracampaña ao 14F en ton humorístico.
Aquí vos deixamos diferentes TikTok co noso alumnado como protagonista. Esperamos que os desfrutedes e que vos sumedes tamén a rachar con estes mitos! ♥︎
Marta e Fernando (4º ESO C)
Álex e Álvaro (4º ESO C)
Antela (4º ESO B)
Marta e Candela (4º ESO C)
Paula e Sahínza (4º ESO C)
Candela e María (4º ESO C)
E grazas a todxs polo voso traballazo!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »