CHARLA IGUALDADE

O próximo mércores 5  de Maio estades todos/as invitados/as á charla sobre Outras Masculinidades impartida por Xosé Cabido .

Entrada libre ata completar aforo

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-22

Informamos de que xa están publicadas no centro as listaxes provisionais resultantes do proceso de admisión do alumnado para o curso 2021/22.

As listaxes poden consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado en administración. Non obstante, de forma non presencial, poderán acceder a información a través da aplicación admisiónalumnado.

Poderá formular reclamación, ante o consello escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

CERTAME CULTURAL 2021

Para acceder as bases do concurso preme no seguinte enlace: BASES

PRIMEIRO MUSICAL DE BAILADELA TEATRO

Mañá 31 de marzo estrearase  "DESORIENTADAS" o primeiro e  extraordinario musical de "Bailadela Teatro".

Moitos parabéns a todas vos!!

 

OBRADOIRO DE RADIO

Non sabes que facer polas tardes? 
Vén facer radio con nós participando no obradoiro de radio que faremos no mes de abril.
Os mércores 14, 21 e 28 de abril e o 5 de maio de 16:30 a 18:00
Aprenderás a facer entrevistas, a dar a túa opinión e preguntar aos demais, a traballar en equipo... unha radio escolar para mellorar o mundo! 

Anótate na biblioteca antes do 25 de marzo, as prazas son limitadas e atenderáse á orde de inscrición

CONFERENCIA 11F: HISTORIA DUNHA INVESTIGADORA: A VACINA COVID-19

O pasado xoves 25 de febreiro, os alumnos e alumnas de 4º de ESO de Ciencias, asistimos a unha videoconferencia na que Mireya López Borrajo, investigadora no laboratorio MJ Alonso LAB, contou a súa experiencia como investigadora na vacina da covid-19 e como muller na Ciencia.
Conferencias 11F: Mireya López Borrajo

Mireya é unha das galegas que están a investigar nunha vacina contra a covid-19. Durante a charla Mireya espuxo o esforzo e adicación que require un proxecto dese calibre, como traballar contrarreloxio ata 12 horas ao día ou renunciar a vacacións. Porén, ela pensa que estas accións van pagar a pena cando toda a poboación estea vacinada e cando, pouco a pouco, a pandemia sexa erradicada. Ademais, explicounos como funcionaba o virus da covid, a súa estrutura e as vacinas que na actualidade se están poñendo. Tamén fixo un percorrido pola súa experiencia formativa ata a actualidade como investigadora predoutoral nun laboratorio de prestixio a nivel mundial, contándonos as dificultades na carreira científica, suplidas con esforzo, interese e búsqueda de oportunidades. Ela tivo que traballar moi duro, máis como resultado na actualidade está formándose nunha área que lle gusta, axudando a protexer a saúde de miles de persoas. Julia González, Laura Pérez, Eirena Souto, Martina Sambade. Alumnas de 4º D e 4º C. Desde o IES de Brión agradecemos a Mireya a súa participación na videoconferencia.

PHOTOCALL 8 DE MARZO

OBRADOIRO BAILE TRADICIONAL

Este trimestre tocoulles aos alumnos de 1º ESO vivenciar o Obradoiro de Baile Tradicional baixo a tutela de Miguel e Minia. A partir de agora, xa estamos preparados para asistir a unha foliada, agora tan só faltanos que as circunstancias nolo permitan. Que viva o movemento!!!

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA CURSO 2021/22

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2021/22

DENDE O 1 AO 22 DE MARZO

  • Aplicación informática ADMISIONDEALUMNADO (para cubrir as solicitudes co manual de axuda).
  • Solicitude de admisión en papel.

Anexo II(Galego)    Anexo II(Castelán)

NOTA: Esta solicitude é para aquel alumnado do IES DE Brión que pretenda cambiar de centro educativo e para aquel que queira solicitar praza no noso centro.

O alumnado actualmente matriculado no IES de Brión que queira continuar os estudos neste centro non ten que facer reserva de praza, posto que esta faise de xeito automático.

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E MULLER NA CIENCIA

Distribuir contido