Covid-19

DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO A PARTIR DO 20 DE ABRIL

Adxuntamos arquivo da Consellería de Educación sobre o uso das máscaras no ámbito educativo.

ARQUIVO

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A XESTIÓN DE CONTACTOS ESTREITOS COVID-19 NO ÁMBITO EDUCATIVO

O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual acordouse eliminar a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.

Tendo en conta que os centros educativos non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán as mesmas que a poboación xeral en canto á identificación e manexo de contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral e serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.

A definición de contacto estreito e o prazo para identificar contactos estreitos mantense, polo que comeza 2 días antes da data de inicio de síntomas (ou da toma de mostra nos casos asintomáticos) e remata no momento que comeza o illamento do caso positivo.

ARQUIVOS COA INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES:

PLAN ADAPTACIÓN COVID-19

De acordo cos Protocolos e Instrucións conxuntas da Consellería de Sanidade e da Consellería de Educación e Formación Profesional, debido a situación actual de pandemia do COVID19. Dende o noso centro, presentamos o:

 Borrador do Plan de adaptación ao contexto Covid IES de BRIÓN.

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID

 De xeito complementario e organizativo, achegamos a seguinte documentación dirixida á comunidade educativa:

MODELO DECLARACIÓN responsable familias

ENQUISA de autoavaliación COVID-19.

ACTUACIÓN ante un caso sospeitoso.

PLANO portas entrada.

Ademáis, aconsellamos consultar como referencia a seguinte guía:

GUÍA volta segura as aulas.

 Para máis información consultar en https://edu.xunta.gal

AXUDA MÁSCARAS COVID-19 PARA O ALUMNADO

Acábase de publicar a Orde do 21 de outubro de 2021, pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado en centros docentes públicos, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ALUMNADO DESTINATARIO:

  • Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
  • Alumnado non beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero que cumple algún dos siguientes requisitos:
  1. Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €
  2. Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

ENTREGA DE SOLICITUDES E PRAZO:

  • O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  •   As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

    a) No centro docente.

    b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1o. Certificado ou volante de convivencia.

2o. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

MÁIS INFORMACIÓN DETALLADAENLACE  ORDE DO 28 DE OUTUBRO DE 2021 (DOG

ANEXOS:       

 ANEXO I                ANEXO II     

MEDIDAS CO2 NAS AULAS

Accede ao seguinte formulario para cubrir os datos sobre medidas de CO2 na aula coa conta @iesbrion.com

Formulario

HORARIOS ESPELLO

Deixamos no seguinte arquivo os horarios espello en caso de confinamento.

ARQUIVO

PLAN DE CONTINXENCIA

No seguinte arquivo deixamos o Plan de Continxencia  e as Normas de Organización e Funcionamento (NOF) en caso de peche de aula ou confinamento.

 

ARQUIVO

NOF

PROTOCOLO COVID PARA EDUCACIÓN FÍSICA

Esta é a proposta do Departamento de Educación Física para os apartados 45 no referente ao ximnasio e 46 relativo á materia de Educación Física, do Borrador do Plan de adaptación ao contexto COVID do IES de Brión.

Podedes consultala nos arquivos adxuntos.

Para calquera dúbida, comentario ou suxestión, enviade un correo a carmen@iesbrion.com

PROTOCOLO COVID-19 PARA AS PROBAS DE SETEMBRO

Debido a situación xerada pola pandemia do COVID-19 deixamos a continuación unha serie de indicacións para a realización das probas extraordinarias de setembro.

O EQUIPO DIRECTIVO

DESCARGA O ARQUIVO AQUÍ
Distribuir contido