Skip to Content

Economía

Departamento de Economía

Charla da nosa exalumna Xulia Vicente Vaquero

O luns 15 de maio a nosa exalumna Xulia Vicente Vaquero impartiu unha interesante charla ao alumnado de Humanidades e Ciencias Sociais de 1º e 2º de Bacharelato, para axudalos na difícil elección de estudos superiores, ofrecerlles consellos moi útiles para o seu primeiro ano na universidade e explicarlles o que está a estudar na súa carreira de Publicidade e Relacións Públicas. Xulia regalounos, unha vez máis, a súa excelente capacidade de comunicación, o seu espírito emprendedor e o seu optimismo e valentía para afrontar e superar retos con éxito. Grazas Xulia, esperámoste o próximo curso.

VISITA E CHARLA A TERRAS GAUDA

A pasadas semanas o noso alumnado de Economía asistiu a distintas actividades como complemento aos contidos estudados nas aulas. Dentro do programa “Empresa familiar nas aulas”, desenvolvido desde a Asociación Galega da Empresa Familiar en colaboración con AFUNDACIÓN, o alumnado de 1º de Bacharelato de Economía e os alumnado de 4º da ESO de Economía e IAE, asistiron a charla impartida por Antón Fonseca, Vicepresidente do Grupo Terras Gauda, que nos falou da historia, liñas de negocio e retos aos que se enfronta, ademáis de amosarnos a importancia das empresas familiares na creación de emprego, riqueza e fixación de poboación no territorio.

A actividade completouse noutra xornada coa visita dos alumnos a bodega e os viñedos Terras Gauda, onde foron recibidos polo Vicepresidente do grupo empresarial e acompañados pola Coordinadora de Enoturismo.

Grazas a Terras Gauda por recibirnos un ano máis cos brazos abertos!

Alumnado de Economía visita o Banco de Alimentos de Vigo

O pasado 17 de marzo, o alumnado de Economía e Fundamentos de Administración e Xestión de 2º de Bacharelato realizou unha saída didáctica ao Banco de Alimentos de Vigo, onde colaboraron en tarefas de clasificación e puideron coñecer cuestións relacionadas co labor loxístico do banco.

A ECONOMÍA DA CONTORNA

Complementando os contidos da materia co coñecemento da actividade empresarial das empresas da contorna, o día 20 de setembro os alumnos e alumnas de Economía de 1º de Bacharelato, asistidos pola Coordinadora de Enoturismo de Terras Gauda, Begoña Santamaría, observaron os traballos de vendimia nos viñedos de uva caíño branco. Posteriormente tiveron a oportunidade de visitar as instalacións da bodega no Rosal, onde nos explicaron en detalle o proceso produtivo, as actividades de I+D+i e as prácticas de economía circular que empregan na bodega. Grazas a Terras Gauda por dedicarnos o seu tempo e recibirnos con tanta amabilidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut