NOTA INFORMATIVA PROCESO DE RESERVA E DE SOLICITUDE DE MATRICULA.
IES A SANGRIÑA. CURSO 2023-24
Ao abeiro do disposto no art. 5 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, infórmase.
- Aberto prazo reserva matrícula dende centros adscritos: ata o 6 de febreiro.
- 22 de febreiro. Exposición no centro da listaxe de alumnado provinte dos centros adscritos con reserva admitida.
- Do 1 ao 20 de marzo: proceso de admisión de matrícula.
- O 25 de abril estará publicada no centro a listaxe provisional de alumnado admitido para matricula en ESO no IES A Sangriña curso 2023-24.
- O prazo de formalización da matrícula para o IES A Sangriña en cursos da ESO e de Bacharelato do curso 2023-24 será do 23 de xuño ao 7 de xullo.
O DIRECTOR