Skip to Content

COVID-19

Información sobre a segunda avaliación, as ABAU e a FCT.

Tras a Xunta de Directoras e Directores de Galicia coa Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional mantida o 25 de marzo en relación á segunda avalición en ESO, 1º Bacharelato e Ciclos, podedes consultar no adxunto o procedemento que o IES A Sangriña acaba de concretar para a consigna das cualificacións do alumnado respecto á devandita segunda avaliación. 

 

Consenso xeneralizado entre Ministerio e CCAA en manter o calendario escolar e aprazar a ABAU

 

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central. No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.

Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica. Carmen Pomar agradeceu o esforzo que están a facer tanto docentes como familias para manter a poboación escolar activa e contribuír así á normalidade nesta situación excepcional.

Na súa intervención, a conselleira tamén reiterou a conformidade de Galicia co aprazamento da ABAU e co modelo de exame proposto polo Ministerio, como medidas necesarias para garantir a equidade a todo o alumnado que se presente ás probas de acceso á universidade.

Atención ao alumnado por vía telemática

 
Lembrámosvos algunhas directrices para o traballo online co alumnado.

Profesorado non titor:

É importante facilitar tarefas  ao alumnado de xeito escalonado e sostido, e, na medida do posible, monitorizar a súa realización. Para levar a cabo este traballo, podedes optar por un destes sistemas:

  • Enviar as tarefas ao profesorado titor xunto cun correo ao que o seu alumnado poida enviar dúbidas ou respostas.
  • Organizar o traballo dirixíndovos directamente ao alumnado se xa tedes previsto un medio de intercambio de materiais co grupo (correo, aula virtual…). Neste caso, é importante comunicar tamén ao titor ou titora que medio estades a seguir e que estades a traballar co alumnado, de xeito que poida levar un rexistro e ter información para aclarar as posibles dúbidas que formulen o alumnado ou as familias.

Será función do profesorado titor:

Suspensión das actividades lectivas

16/03/2020 08:00
Europe/Madrid

Quedan suspendidas as actividades lectivas presenciais a partir do luns 16 de marzo, durante dúas semanas, para todo o noso alumnado, debido ás medidas preventivas especiais ante a pandemia do coronavirus, comunicadas pola Presidencia da Xunta de Galicia.

Enlazamos as medidas comunicadas pola Consellería:

https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Novas instrucións da Consellería:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut