Skip to Content

Avisos

SUSPÉNDENSE AS CLASES MAÑÁ VENRES 29 DE OUTUBRO DE 2021

Informamos con carácter urxente de que mañá venres 29 de outubro de 2021 se suspenden as clases no IES A Sangriña por mor da inundación dalgunhas aulas do centro, debido ás chuvias e ao cambio de cubertas.

Sentimos as molestias e agradecemos a vosa comprensión.

A Dirección. 

 

ABERTO O PROCESO DA XIIº RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO IES A SANGRIÑA

A Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos establece o proceso para a XIIª Renovación do Consello Escolar do IES A Sangriña.

Achegamos coa presente información referida ao proceso, ademais do calendario xeral que organizará o procedemento de elección e constitución do noso Consello Escolar.

O Consello Escolar é o órgano colexiado de goberno de maior representatividade da comunidade escolar polo que a participación, tanto na súa constitución como no seu desenvolvemento, é imprescindible para o funcionamento do centro. Desde aquí facemos un chamado á participación no proceso por parte de toda a comunidade escolar do IES A Sangriña.

A Dirección.

 

11 E 12 DE OUTUBRO, NON LECTIVOS

O vindeiro luns, 11 de outubro, celébrase o Día do Ensino, e o martes, 12 de outubro, o Día da Hispanidade, polo cal son non lectivos, non hai actividade docente e o instituto permanecerá pechado.

Boa ponte a todas e todos!

RESOLUCIÓN EQUIPO COVID IES A SANGRIÑA

 O Equipo Covid do IES A Sangriña resolve na reunión sostida o día 28 de setembro:

1. As cadeiras das mesas da cafetería deberán estar a 1,2 metros de distancia interpersonal.

2. O profesorado poderá usar as mesas  só en horas lectivas respectando a distancia interpersoal de seguridade. No recreo as mesas non poderán ser usadas.

3. O alumnado que pode facer uso do servizo de comidas será o de Bacharelato e de Ciclos que non sexa residente en A Guarda. Este alumnado deberá respectar, asemade, a distancia interpersoal de seguridade sanitaria.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut