Skip to Content

Proxecto Socheo

Jeanette

 

A curta Jeanette, do guardés Xurxo Chirro, gravada o curso pasado na nosa vila e protagonizada pola alumna Jeanette Conde González, obtivo o pasado mes de maio o premio á mellor curta no Festival Internacional de Cine Independiente de Cosquín, en Arxentina.

Este traballo foi dirixido por Xurxo Chirro en colaboración con alumnos e alumnas do noso centro ao abeiro do curso Socheo Educativo desenvolvido no instituto no curso 2014-2015. Despois dun curso de actividades teoricas e prácticas fíxose un obradoiro especial durante o verán consistente na realización dunha curtametraxe. O filme está interpretado pola alumna Jeanette Conde, mais tamén interveñen Ángeles Rodríguez, Antía Álvarez, Mateo Álvarez, Carmen Rodríguez, Álvaro Cara e Pablo Cividanes. Outros estudantes desenvolveron tarefas de produción e dirección de arte, tendo así oportunidade de poñer en práctica o aprendido.

Hai que lembrar que Socheo Educativo recibiu o Premio de Alfabetización Audiovisual do Ministerio de Cultura no ano 2014.

24 de febreiro: Día de Rosalía

24/02/2015 00:00
Etc/GMT+1
Vídeo de homenaxe á poeta Rosalía de Castro feito o curso pasado como actividade dentro do proxecto Socheo Educativo: o poema “Xigantescos olmos, mirtos” (Follas Novas) recitado por unha escolma de rostros da comunidade escolar do noso centro.

Premiado o Proxecto Socheo, no que participa o IES A Sangriña

29/09/2014 12:00
Etc/GMT+1
 
A inicitiva Proxecto Socheo, na que participa o Instituto, resultou premiada no certame de alfabetización audiovisual convocado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
O proxecto Socheo é unha proposta de recuperación de material audivisual dirixida por Xurxo González (Xurxo Chirro) e Gustavo González. O dito proxecto está pensado para traballar con alumnado de ESO e está aberto á colaboración de todo departamento e profesorado interesados en participar. Proximamente terá lugar unha reunión informativa para explicar os detalles do proxecto, actividades previstas, organización do traballo e demais aspectos.
 
Máis información no arquivo adxunto.
 
Ligazón á noticia na web do Ministerio:
 
Ligazón á noticia na web da Consellería:
Distribuir contido


by Dr. Radut