Os departamentos de Administración e Finanzas, Ciencias Naturais, Lingua Galega e Literatura, Inglés, EPV e Filosofía organizaron dende o pasado xoves 15 de febreiro ao sábado 17 unha saída co alumnado de 4º ESO e de 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
Esta saída enmárcase dentro do proxecto "A pegada do lobo", que se está a desenvolver dentro da liña de Paisaxe e Sustentabilidade do Plan PROXECTA da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Na seguinte foto vemos ao alumnado visitando o Centro de interpretación do lobo ibérico en Robledo (Sanabria - Zamora) e o Caurel.
O profesorado acompañante foron Pilar Carro Loureiro e Juan José Hermida Lago.