Skip to Content

Mostra de teatro non profesional do Miño Feixó de Araúxo

Recordando a III Mostra de Teatro Feixó de Araúxo_09

Vídeo homenaxe a III Mostra de Teatro Feixó de Araúxo realizado polo alumno Pablo Lomba Riego. Próximamente teremos novidades sobre a 4ª edición.

O conxunto instrumental do IES A Sangriña no acto de peche da III Mostra de teatro non profesional do Baixo Miño

O 26 de abril, xusto despois de rematar a representacion da peza AUTO DA HIBRIS tivo lugar un breve acto que serviu de peche para a 3ª Mostra de teatro Amador do Miño.

O departamento de Música do IES A SANGRIÑA, ven realizando unha intensa actividade dende fai cinco anos, primeiro organizando festivais de fin de curso e despois actuacións específicas con motivo das Letras Galegas, homenaxes a autores literarios, colaboracións cos departamentos de normalización lingüística, obradoiros de diferente índole como o conxunto instrumental ou de pandeireteiras.

Doutra banda, téñense realizado actividades culturais como viaxes e intercambios musicais con outras comunidades do Estado, sempre tendo como eixo central a música e o enriquecimento músico-humanístico.

O repertorio que o Conxunto Instrumental do IES da Sangriña

 interpretou no acto de peche foi:

-“Lela” Arranxo sobre a coñecida serenata de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao.

-“No llores por mí Argentina” o tema central do musical Evita composta por Andrew Lloyd Webber.

-“African Song” Un arranxo sobre un tema popular Zulú.

O "Conxunto instrumental do IES A Sangriña" na inauguración da III Mostra de Teatro non profesional do Miño

O  23 de abril do 2009 celebrouse no auditorio do IES da Sangriña (A Guarda) a sesión de inauguración da IIIª Mostra de Teatro non profesional do Miño.
A primeira das actuacións, e que foi a encargada de abrir este acto, correu a cargo do "Conxunto Instrumental do IES da Sangriña" constituido por alumnos e alumnas deste centro e que interpretaron un blues-funk.

PROGRAMACIÓN da III MOSTRA DE TEATRO DO MIÑO

DIA 23 DE ABRIL (XOVES-5ª FEIRA) 20:30 - IES da Sangriña (A Guarda): -Acto de Inauguración. Actuación dos Sete Magníficos máis un DIA 24 DE ABRIL (VENRES - 6ª FEIRA) 20:30 - IES da Sangriña (A Guarda): -Conversas na cuneta mentras a vida pasa lá fora. O Trasno Novo Teatro (Vigo) 22:30 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño): - Dormes?. IES Manuel García Barros (A Estrada) DIA 25 DE ABRIL (SÁBADO) 20:30 - IES da Sangriña (A Guarda): - Ponte da Lima em Festa. Associação Cultural Unhas do Diabo. (Ponte da Lima) 22:30 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño): - A magia da inocência. Associaço Cultural e Recreativa de Arcozelo. (Ponte da Lima) DIA 26 DE ABRIL (DOMINGO) 18:00 - IES da Sangriña (A Guarda): -Adeus Kantor. Asociación Teatral Paso de Valverde (A Coruña) 20:00 - Auditorio Municipal de Goián (Tomiño): -Auto da Hibris. Associaçao Juvenil de Deão (Viana do Castelo) y Lohengrin Teatro (Vigo) 21:30: - Premio do público e peche.

Distribuir contido


by Dr. Radut