Skip to Content

Normalización Lingüística

Reunión do alumnado do EDLG

As alumnas e alumnos do Equipo de Normalización da Lingua Galega do IES A Sangriña están convocados para a primeira xuntanza do ano. A reunión celebrarase durante o segundo recreo do próximo martes, 19 de novembro, na aula 3. Nesta reunión presentarase o PROXECTO SOMOS, que organizará conmemoracións, murais, exposicións, concursos, intervencións nas redes sociais, edición de libros, unha radio escolar, certames literarios... Participa!

En Negro Contras as Violencias

Comezamos no IES A Sangriña as actividades encamiñadas a preparar o 25 N, día contra as violencias machistas. Entre outras iniciativas, unirémonos á campaña “En Negro Contras as Violencias”, que é unha acción colectiva contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela e que, ano tras ano, implica a máis e máis xente.

A continuación publicamos os carteis que promoven esta iniciativa e que indican como participará na mesma o noso alumnado. Desde o IES A Sangriña queremos que todo o mundo saiba que estamos en contra da violencia de xénero. Un mundo onde se maltrata ás mulleres non é o mundo que queremos.

(Podedes descargar as instrucións no adxunto)

Tecín soia a miña tea

 Día de Rosalía 

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, para lembrar o aniversario do nacemento da escritora referencial das nosas letras. No instituto festexamos o venres, agasallando un texto da poeta e unha flor, así como distribuíndo chapas co verso “Tecín soia a miña tea” e colgando poemas nun tendal.

 

Troco libro, trocas?

Por segundo ano consecutivo, a Bibliotrega xunto co Equipo de Normalización Lingüística do IES A Sangriña, convocan o mercado de intercambio de libros Troco libro, trocas? A partir do luns 3 decembro, alumnado, profesorado e persoal non docente do noso IES pode depositar os seus libros na biblioteca (máximo 2 libros por persoa) e a cambio recibirá unha tarxeta que poderá canxear os días 20 e 21 de decembro no mercado instalado na entrada do instituto.

Animádemos todas e todos a participar dando unha segunda vida aos vosos libros e conseguindo novas lecturas para o Nadal. Vémonos pola Bibliotrega!

Distribuir contido


by Dr. Radut