Skip to Content

Dinamización da Biblioteca

Bibliotecas en tempos de confinamento

As bibliotecas son moito máis ca meros almacéns de libros: son espazos de actividades que poden facer máis agradable a nosa vida cotiá, algo imprescindible nestes días de confinamento. A nosa Biblioteca segue en activo desde a conta de Instagram, na que procuramos ofrecer alternativas culturais para este tempo na casa. Buscade @bibliotrega en Instagram e seguídenos!

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Como sabedes, desde a semana pasada estamos a levar a cabo un ciclo de charlas de prestixiosas científicas galegas no noso centro. Con esta actividade perseguimos varios obxectivos, entre os que podemos destacar dar a coñecer o labor destas mulleres de ciencia, rachar con estereotipos de xénero ou ofrecer referentes á rapazada. Máis información aquí.

 

Día da Muller e a Nena na Ciencia

Co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra o vindeiro 11 de febreiro, organizamos unhas charlas a cargo de importantes  científicas que terán lugar esta semana.

Programa no pdf adxunto.  

Troco libro, trocas?

Mercado de Nadal de libros para o ALUMNADO, baseado no intercambio. Non se trata de levar aquel libro que non queremos, senón todo o contrario! Que o teu libro sexa un agasallo especial que alegre o día a outra lectora ou lector. 

Distribuir contido


by Dr. Radut