Skip to Content

Visita a Xénese e Imatxina

09/03/2017 08:20
Etc/GMT+1
O pasado 9 de marzo, o alumnado de 3º da ESO foi de excursión a Vigo acompañado pola profesora de Plástica, Beatriz Núñez e as profesoras de Matemáticas, Nieves Lomba e Xoana Alonso. Aproveitando o bo tempo, primeiro asistiron a unha exposición de fotografía na rúa Príncipe: "Xénese" do brasileiro Sebastião Salgado. Despois, o alumnado dispuxo de media hora para ir á Casa do Libro, onde mercou novelas da saga O Exército Negro e comics de Magi, entre outros. Por último, asistiron aos talleres de Imatxina, en EducaBarrié. Grazas a xogos de lóxica, somas, pentacubos, espellos e efectos ópticos, puideron gozar das matemáticas manipulativas nun contexto moi distinto ao que é habitual nas aulas.
momentos da excursión
momentos da excursión 

Contos desde o Polo Norte

14/03/2017 09:10
Etc/GMT+1

Viaxamos ao Polo Norte da man de 4º de Educación Infantil (3 anos), na sétima sesión de Contos do mundo. Desta volta, ante este público tan atento e espontáneo, o alumnado de 2º de ESO B representou, cantando e bailando, o conto Vamos a cazar un oso, que preferiu adapatar como Vamos a buscar un oso. Ademais, na randeeira dos contos, a alumna Laura Rodríguez, leulles a divertida historia do reno Renato.

Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.

Espazos esquecidos

Hai lugares da nosa vila que moitas veces quedan abandonados e condenados ao esquecemento, mais, en moitas ocasións, estes espazos gardan a nosa memoria.
Unha alumna do noso centro, Carla Vizoso, intenta recoller espazos e tradicións guardesas, lembralos e difundilos a través do seu blog No punto de mira. Convidámosvos a ler a pequena reportaxe que lle dedicou ao colexio dos Xesuítas da Pasaxe, reportaxe que nos permite asomarnos a este destacado edificio, hoxe tristemente en ruínas.

Contos do mundo: Cuba e Exipto

10/03/2017 00:10
10/03/2017 13:10
Etc/GMT+1

O venres pasado tiveron lugar a quinta e sexta sesións do proxecto de Contos do mundo que estamos a levar a cabo co noso veciño CEIP A Sangriña.

O alumnado de 1º de Bacharelato, acompañado da profesora Marisa Guerra, faloulles de Cuba e as súas narracións a rapazas e rapaces de 5º de Primaria; e o grupo de 2º de ESO B, xunto co profesor Juanra Torres, representarnon unha pequena obra de teatro chamada "Una momia muy responsable".

A continuación, tendes imaxes de ambas posta en escena, cedidas polo CEIP. Sempre podedes ampliar información no seu blog de biblioteca, BiblioPepiño.

Distribuir contido


by Dr. Radut