Skip to Content

Charlas Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos

16/02/2016 00:00
29/02/2016 17:40
Etc/GMT+1
O pasado luns 16 comezou o ciclo de charlas impartidas por especialistas da Garda Civil de A Guarda no marco do "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas” .
Na primeira destas charlas, na que participou todo o alumnado de 1º de ESO, o cabo Manuel Martínez abordou a problemática do acoso escolar.
O vindeiro luns 22 a temática versará sobre os riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso das redes sociais, e na charla prevista para o 29 de febreiro tratarase a violencia contra as mulleres e a discriminación por razón de sexo ou orientación sexual.


event | by Dr. Radut