Skip to Content

O IES A Sangriña apúntase á Operación quilo

19/12/2014 00:20
Etc/GMT+1

Este venres levarase a cabo a Operación quilo no noso centro. Como sabedes, esta acción altruísta consiste nunha colecta de alimentos non perecedeiros para aquelas persoas máis necesitadas.

A asociación sen ánimo de lucro Conrazones levará a cabo a dita colecta o vindeiro venres 19 de decembro, de 8:20 a 10:30. Poderedes atopar os voluntarios da asociación no vestíbulo do instituto, e darlles a vosa achega solidaria.

Cun pequeno esforzo de cada un de nós, podemos facer moito!  



event | by Dr. Radut