21/03/2014 12:00
21/03/2014 14:00
Etc/GMT+1
No mes de febreiro, arredor do día 24, data do nacemento de Rosalía de Castro, o Departamento de Normalización Lingüística puxo en marcha diversas actividades de homenaxe á escritora.
Entre elas está o traballo realizado polo grupo de teatro do instituto, dirixido por Alfredo Rodríguez, sobre textos de Rosalía e de Ana Romaní. O día 21 ofrecerase ao alumnado de ESO a representación da proposta teatral: ROSALÍA TAN AMIGA.
Celebramos o día da poesía, honrando a poeta que mellor representa a cultura galega e lembrando tamén, no mes en que se celebra o día da muller, a importancia das achegas da creación e reivindicación feminista na construción da nosa realidade.