Skip to Content

Visita didáctica ao IGAFA (Illa de Arousa)

29/04/2013 08:20
29/04/2013 14:00
Etc/GMT+2

O pasado 29 de abril o alumnado de 1º Bacharelato que cursa Bioloxía e Xeoloxía visitou o Instituto Galego de Formación en Acuicultura, nunha saída organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
O Centro está dedicado a impartir varios ciclos formativos entre os que destacan os de acuicultura e de mergullo profesional. Visitamos as distintas instalacións onde levan a cabo os cultivos de distintas especies mariñas. Cultivos de moluscos bivalvos (ostra, ameixa), crustáceos (centola e lumbrigante), peixes (robaliza, rodaballo, linguado etc.), cultivos auxiliares (fitoplancto e zooplancto). A zona dedicada a acuariofilia, con acuarios tropicais e tamén de auga fría que conteñen especies moi características, e tamén fixemos un percorrido pola zona de mergullo recibindo información sobre os instrumentos que emprega o alumnado e as probas que deben pasar para cursar o ciclo: cámara hiperbárica, traxes secos, cámaras de descompresión e outro material de mergullo.


event | by Dr. Radut