Skip to Content

Reforestemos 2013. Programa Voz Natura, estratexia ReC.

07/02/2013 00:20
07/02/2013 14:00
Etc/GMT+2

O xoves 7 de febreiro de 2013, e por segundo ano consecutivo, realizamos unha reforestación con árbores autóctonas (100 carballos e 23 castiñeiros) na parcela cedida polos nosos colaboradores da Comunidade de Montes en Man Común de San Miguel de Tabagón e Pías (O Rosal) e grazas á participación no Programa Voz Natura “BUSCA ALTERNATIVAS”. A finalidade é levar a cabo unha estratexia ReC, isto é, reducir e compensar a pegada ecolóxica, esas 657 toneladas de CO2 emitidas polo centro o curso pasado, ademais de crear un espazo de lecer.

A plantación das árbores levouse a cabo con 20 alumnos/as que cursan 1º ESO e alumnado do comité ambiental da Axenda 21 Escolar de Galicia. A actividade, neste curso, formou parte das actividades previstas para o Proxecto interdisciplinar de 1º da ESO, participando na saída profesores dos Departamentos de Bioloxía, Historia, Inglés, o noso antigo xefe de estudos -Arsenio-, e a coordinación do grupo da AX21EG.
Despois da reforestación estivemos estudando a flora da Serra do Argallo, especies autóctonas e invasoras, árbores, como érbedos e aciñeiras, arbustos e vexetais característicos, como a carqueixa ou o codeso, e vestixios da minería desenvolta na zona.



event | by Dr. Radut