Skip to Content

Lorca e as flores de Venus

O día 8 de marzo, alumnado do IES A Sangriña e do
IES de Tomiño asistiu no auditorio de Goián a representación da obra de Marga
do Val, Lorca e as flores de Venus.
Nunha interpretación maxistral, o actor Eisenhower Moreno, do Teatro de Arte
Livre, deulle vida a Lorca e a diversos personaxes que habitan a súa vida e a
súa obra. Ao remate da representación, a autora e o actor explicaron ao
alumnado asistente diversos aspectos relacionados coa súa creación.



story | by Dr. Radut