Skip to Content

Alumnado do IES proclámase campión de España no LXVIII campionato de bateis

01/05/2011 00:00
Etc/GMT+2
O pasado Domingo 1 de Maio, celebrouse na cidade de Ferrol o LXVIII campionato de España de bateis, no que competiron as comunidades de Galicia, Euskadi, Asturias e Cantabria. Na categoría de xuvenís feminas, a tripulación guardesa composta por Silvia Loureiro Lomba, Cristina Araújo Acevedo, Laura Lomba González, Ángela Castro Álvarez, Silvia Pérez Rodríguez, Carla Pombal Domínguez e como timonel Iván Verde Martínez, proclamouse campiona de España, aínda que é importante dicir que gañaron nunha boia que se atopába desprazada 8 metros cara atrás con respeto ás outras, que fan un total de 32 metros máis que esta tripulación tivo que remar. Nesta boia a embarcación guardesa foi a única do campionato que se proclamou vencedora. O equipo das xuvenís do C.R. Robaleira xa conseguira o ano pasado o campionato galego e o subcampionato de España, e este ano conseguiron ser vencedoras no territorial, gañadoras do campionato gaelgo, e por suposto o 1º posto no campionato de España.
O equipo de infantís deste club tamén acadou o segundo posto no campionato galego e a medalla de bronce no campionato de España.
 Noraboa a todo o equipo e noraboa ao C.R.Robaleira, por deixar a tan alto nivel o deporte guardés e á vila de A Guarda, esperamos que sigades con estes grandes logros!


event | by Dr. Radut