Skip to Content

Xornadas "La Europa que educa". León, 14 de maio

O pasado 14 de maio unha delegación do grupo Comenius do IES A Sangriña participou, en León, nunha sesión de difusión dos proxectos europeos organizada polo Ministerio de Educación en colaboración con outros organismos baixo o lema "La Europa que educa", dentro dos actos da presidencia española na UE. No acto, presidido pola directora do Organismo Autónomo de Programas Europeos, Dna. Encarna Cuenca Carrión, os alumnos participantes no intercambio con Dinamarca falaron das súas experiencias no estranxeiro e participaron nunha charla cos representantes doutras iniciativas, como Erasmus e Leonardo da Vinci




story | by Dr. Radut