O día 21 de novembro celebraranse no centro as votacións para a elección dos distintos niveis de representación do Consello Escolar do IES A Sangriña para a súa XIVª renovación (para consultar a listaxe de candidaturas presentadas: taboleiro de Secretaría, no vestíbulo do centro). As votacións serán as seguintes:
1. Votación para a elección dos representantes do profesorado que se fará en Claustro Extraordinario no Salón de Actos de 14:15 a 14:30 hrs.
2. Votación para a elección do representante de pais/nais que se celebrará, logo de constituida a mesa electoral, de 19:00 a 20:30 hrs.
3. Votación para a elección dos representantes do alumnado. A Xunta Electoral do IES A Sangriña decidiu organizar a votación do alumnado interesado nos seguintes períodos de recreo seguindo as quendas:
Período de recreo: | Grupos que poderán exercer o seu dereito ao voto: |
1º recreo 10:00 a 10:20 | só alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO |
Recreo de ciclos: 10:50 a 11:30 | só alumnado de Ciclos |
2º recreo 12:00 a 12:20 | só alumnado de 4º ESO e Bacharelato |
As distintas mesas electorais (alumnado, pais/nais) quedarán dispostas no vestíbulo, na zona de entrada á Sala de Profesorado.
Desexamos a toda a comunidade escolar do IES A Sangriña unha boa xornada electoral.