Skip to Content

Acabamos o curso e o Proxecto Simula!

PROXECTO SIMULA ies a sangriña

Desde o pasado mes de abril, o alumnado da familia de Administración participou no programa SIMULA da Xunta de Galicia. 

Durante este período, a través dá plataforma de simulación SEFED, os alumnos de ciclo medio e ciclo superior, interactuaron con outras empresas simuladas realizando todo tipo de operacións empresariais. Estes alumnos e alumnas de ciclo, comezaron coa constitución dun negocio virtual, As Aceñas, SLS e despois xestionaron todas as áreas da empresa, reproducindo na aula desde a dirección ata o resto de situacións reais do ámbito financeiro, administrativo, laboral, comercial, fiscal ... da empresa. Esta actividade encadrada dentro do Plan EduEmprende da Xunta de Galicia, permitiu aos alumnos coñecer un pouco máis, e desde dentro, a realidade administrativa e comercial da empresa. 

Foi unha actividade moi enriquecedora, polo que no próximo curso contamos con traballar no proxecto desde o mes de setembro, de modo que podamos ampliar o número de participantes e a posta en práctica de maiores contidos. 

Mil grazas aos participantes (alumnos e profesores) e en especial aos profes Pilar e Javi pola súa total implicación no proxecto.



story | by Dr. Radut