Skip to Content

Accede aquí á prematrícula online de ESO e Bacharelato

Prematrícula IES A SANGRIÑA

Accede desde esta publicación á nova canle do IES A Sangriña para as prematrículas e as matrículas da ESO e do Bacharelato. A continuación, facilitámosche as ligazóns de acceso aos formulario web de prematriculación. Podes realizar este proceso entre os días 3 e 13 de maio, ambos incluídos.

O proceso de prematriculación implica:

  1. Cubrir o formulario web cos datos de identificación tanto do/a alumno/a como do seu responsábel legal.
  2. Achegar todos os datos necesarios (marcados no formulario cun asterisco vermello).
  3. O envío dunha única prematrícula por estudante (que se identificará co DNI do/a alumno/a).
  4. O emprego dunha conta de e-mail válida e actualizada por parte do responsábel legal do alumno, pois será nese enderezo onde se recibirá o comprobante da prematrícula.
  5. O número de DNI do responsábel legal do/a alumno/a poderá repetirse, pois un mesmo responsábel legal pode ter ao seu cargo a varios/as estudantes.
  6. Cando o formuario nos avisa de que nos encontramos diante da última pantalla e podemos premer en "Confirmar e enviar" debemos ser concientes de que a nosa prematrícula se consignará no sistema, non podendo empregarse o DNI do alumno en novos formularios.
  7. Unha vez que o sistema nos indique que a prematrícula se realizou correctamente e a recibamos no noso e-mail, procederemos a imprimir o correo electrónico e a entregalo asinado. O alumnado procedente doutros centros farao na secretaría do IES A Sangriña (de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00); os estudantes do noso instituto entregaranllo aos seus titores ou titoras. Só tras este trámite se considerará que o proceso de prematriculación foi concluído con éxito.

O luns 13 de maio será o derradeiro día habilitado para a entrega do comprobante da prematrícula asinado.

Accede desde as seguintes ligazóns ás prematrículas da ESO e do Bacharelato:



story | by Dr. Radut