Esta actividade formativa e informativa realizouse o pasado venres 5 de abril. O seu obxectivo foi concienciar o alumnado participante, de 1º de Bacharelato e de 2º de FP Básica, da lacra que supón a violencia contra as mulleres na nosa sociedade e da necesidade de erradicala.
Esta actividade está integrada no Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos. Os obxectivos que se pretenden acadar coas actuacións recollidas no Plan Director, son todos aqueles que procuran dar respostas coordinadas e eficaces a todas as cuestións relacionadas coa seguridade dos alumnos nos centros educativos e os seus arredores, os que fortalecen a cooperación policial coas autoridades educativas, os que pretenden mellorar o coñecemento que a poboación escolar posúe sobre os recursos policiais ou os que fomentan nos rapaces o respecto polos dereitos fundamentais.