Xa está publicado na web de La Voz de Galicia o vídeo da entrevista que este xornal realizou, no noso centro, a Mariví Álvarez, Presidenta de COPLANT. A peza é o resultado do traballo de Iago García, Álex López-Benito e Senén Rouco.
Na entrevista, Mariví achega datos e reflexións que nos resultaron impactantes e nos fixeron conscientes do tipo de traballo que unha empresa coma esta, que está tan preto do noso centro pode realizar. Por exemplo, descubriunos que COPLANT pode distribuír plantas en Berlín nun prazo de tan só 72 horas ou que a empresa está preparada para crecer até un 30% nos próximos anos. Ademais, consideramos especialmente importante a reflexión que Mariví facía sobre a necesidade de fixar poboación en concellos como os nosos e a importancia que empresas como COPLANT teñen para conseguilo.
Para ver o vídeo completo preme na seguinte ligazón: Entrevista a Mariví Álvarez en "De 0 a 100".
Se chegas ao final do vídeo verás as fantásticas preguntas do noso alumnado!!!