ALUMNADO PREFERENTE
En primeiro lugar, os armarios serán asignados a aqueles alumnos e alumnas que acheguen un informe médico que xustifique unha especial prioridade para o uso deste tipo de recurso. O formulario de solicitude estará ao dispor do alumnado en conserxería e será entregado en xefatura de estudos, xunto co informe médico.
REPARTO DO RESTO DOS ARMARIOS
Se existise unha oferta de armarios superior á demanda medicamente xustificada, os restantes asignaranse ao alumnado de 1º de ESO, organizándose o reparto entre os e as estudantes interesados de menor a maior idade.
DATA LÍMITE DE ENTREGA DE SOLICITUDES
27 de novembro de 2023.