Dentro do denominado Proxecto ARIEM+, promovido pola Xefatura do Servizo de Emerxencias de Pontevedra dependente da Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, o IES A Sangriña contará cunha exposición no seu vestíbulo o día 19 de setembro que tratará sobre a xestión das emerxencias dentro dun contexto de cambio climático.
A exposición terá como obxectivo o de informar e de concienciar á comunidade escolar do IES A Sangriña sobre as necesidades de previr e actuar diante das potenciais emerxencias derivadas dos cambios ambientais enmarcados nunha dinámica de progresivo cambio nas condicións climáticas.
Contaremos cunha unidade do GES de A Guarda (Grupo de Emerxencia Supramunicipal) para reforzar os conceptos tratados nesta exposición.
A Dirección