Skip to Content

LECTURA COLECTIVA DE “MEMORIAS DUN NENO LABREGO”

No IES A SANGRIÑA celebramos o día das lectoras e dos lectores deste 2021 cunha actividade moi especial, unha lectura colectiva de Memorias dun neno labrego. Desta maneira, a conmemoración estendeuse tamén á celebración do aniversario de Xosé Neira Vilas, autor dun libro internacionalmente recoñecido e imprescindible na historia da nosa literatura.

Alumnas e alumnos de todos os niveis, desde 1º de ESO a 2º de Bacharelato participaron nesta intensa actividade de lectura sucesiva tanto nas súas aulas como nas instalacións da biblioteca do centro.

Agora, queremos sacar esta lectura fóra das paredes do instituto con dous vídeos que recollen unha xornada que deixou un grato recordo a todas as persoas participantes. Para isto, publicamos un vídeo resumo da mesma e un segundo vídeo máis completo onde todo o alumnado poderá ver tanto a súa propia lectura como a dos seus compañeiros e compañeiras.

VÍDEO RESUMO:

VÍDEO COMPLETO:

Esta actividade foi organizada pola Bibliotrega Magdalena Garabatos e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, coa colaboración de todo o profesorado do Departamento de Lingua Galega e Literatura. Se queres escoitar completa a música dos créditos, "Subiote" (poema de Xosé Neira Vilas musicado por Rodrigo Ramos) podes facelo aquí: https://youtu.be/Qtf-s4Ulj-8 



story | by Dr. Radut