Skip to Content

CHARLAS DE DIVULGACIÓN DA UVIGO E A USC

Coa charla do pasado venres 16 de abril dáse por rematada a programación de charlas de divulgación científica e humanística no curso actual, organizadas desde o departamento de Orientación e departamentos didácticos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Latín, e Grego, en colaboración coas Universidades de Vigo e Santiago.
Todas elas tiveron unha grande acollida e satisfacción por parte do alumnado ao que ía dirixido dos cursos finais de etapa, polo que agardamos continuar a colaborar para o vindeiro curso coas tres universidades de Galicia, ampliando á Universidade da Coruña.

Desde aquí queremos agradecer ao profesorado universitario que se trasladase ata o noso IES para procurar que os relatorios se desenvolvesen de xeito presencial.

  • Marketing e Comercio. Martes 9 de febreiro. Emilio García Roselló. Facultade de Empresas e Comercio. UVIGO.
  • Xenética: mutación e diversidade. Venres 12 de marzo. Armando Caballero Rúa. Departamento de Xenética , facultade de Bioloxía . UVIGO .
  • Física re- recreativa. Benito Vázquez Dorrío. Venres 26 de marzo. Departamento de Física Aplicada. Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. UVIGO.
  • A muller na antigüidade Grecia. Xoves18 de marzo. Susana Reboreda Morillo. Departamento de Historia, facultade de Ourense. UVIGO.
  • Estes Romanos están Tolos. Venres 17 de abril. Ana María Suárez Piñeiro, departamento de Historia antiga. Facultade de Historia. USC.
  • Moléculas en acción. Lunes 12 de abril. José Ramón Leis Fidalgo. Departamento de Química Física. Facultad de Química. USC.


story | by Dr. Radut